• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 2 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    investigación

    O efecto do cambio global na Ría de Vigo

    Antonio Fuentes, investigador da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, analiza a acidificación oceánica que provocaría alteracións na abundancia e a produción de poboacións bacterianas
    Redacción por Redacción
    26 de Sep, 2016
    en Medio Ambiente
    0
    O efecto do cambio global na Ría de Vigo

    O investigador da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla Antonio Fuentes está a estudar os posibles efectos da acidificación no mundo microbiano, concretamente nas bacterias heterotróficas, “unha parte moi importante destes ecosistemas mariños, encargadas de reciclar toda a materia orgánica producida polos outros organismos e permitir así que se volvan a empregar estes nutrientes na cadea trófica dos océanos”, como destaca o científico.

    Fuentes, dirixido pola doutora Cristina Sobrino, traballa no seo do Grupo de Oceanografía Biolóxica da Universidade e contan coa colaboración de investigadores do Instituto Español de Oceanografía e do Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC e o Instituto de Ciencias Mariñas de Andalucía-CSIC. O seu estudo, que senta as bases para súa tese de doutoramento, ten como obxectivo coñecer as respostas das comunidades bacterianas da ría de Vigo e a súa relación coas comunidades fitoplantónicas por medio da materia orgánica que estas producen ante o futuro escenario de acidificación oceánica. “Aínda que xa existe abundante bibliografía sobre estudos similares realizados noutras partes do globo, o presente estudo diferenciase polo interese centrado nos posibles trastornos da materia orgánica e o seu consecuente emprego polas bacterias”.

    Resultados do estudo
    O investigador realizou o seu estudo simulando as condicións de pH previstas para o futuro, e os resultados amosan que as bacterias da ría de Vigo “non responderon directamente aos efectos da acidificación oceánica”, sendo indiferentes ás distintas condicións de pH nas que se incubaron. Sen embargo, as bacterias si que responderon de xeito diferente ante a adicción da materia orgánica que foi producida polo fitoplancto en condicións de pH semellantes ao escenario agardado de acidificación oceánica. “Observouse que na metade do transcurso das incubacións, as bacterias medraron en maior numero cando estas empregaban como sustento a materia orgánica producida en ambientes ácidos», explica Fuentes. Con todo, nos últimos intres do experimento a produción destas bacterias foi maior cando se realizaron incubacións onde se engadiu materia orgánica producida baixo niveis normais de pH. Polo tanto, destaca o científico, “nun escenario futuro de acidificación, a poboación bacteriana sería menor a medida que transcorre o tempo”.

    Os investigadores resaltan con estes resultados que as bacterias da ría de Vigo non responderían directamente ante os efectos da acidificación oceánica que podería acontecer na a finais de século, sen embargo existen outras vías de interacción a nivel de ecosistema entre diferentes organismos e as súas relacións que semellan producir efectos dun xeito indirecto nas comunidades bacterianas. Este estudo, conclúe Fuentes, “preséntase como o primeiro de moitos xa que é importante coñecer máis a fondo a resposta destas interaccións ante as novas ameazas que están por vir”.

    Traballo de laboratorio
    Os experimentos tiveron lugar na Estación de Ciencias Mariñas de Toralla e consistiron en incubacións de mostras de auga de mar da ría de Vigo. As incubacións das comunidades fitoplanctonicas realizáronse durante oito días nos mesocosmos que posúe a Ecimat ao aire libre, simulándose así as condicións de luz e radiación solar, incluída a radiación UV, recibida na superficie do mar. No comezo desta incubación, e para asegurar un bo desenvolvemento das comunidades fitoplanctonicas e tamén adquirir unha boa cantidade de materia orgánica, engadíronse nutrientes inorgánicos en concentracións similares ás atopadas nos episodios de afloramento na ría de Vigo. As condicións de acidificación oceánica agardadas para finais do presente século simuláronse, como relata o científico, «aireando a metade dos cultivos cunha mestura de aire atmosférico e gas CO2 comercial, a outra metade dos cultivos so se aireou con aire atmosférico simulando as condicións actuais dos océanos».

    Por outra banda, realizáronse as incubacións das bacterias heterotróficas nas instalacións isotérmicas da ECIMAT, mantendo así condicións de escuridade e temperatura constante e controlada, do mesmo xeito que no caso do fitoplancto a metade das unidades experimentais foron aireadas coa mestura de aire e CO2 e a outra metade so con aire atmosférico. Por último, «e moi importante», a todos os cultivos bacterianos engadíronse os inóculos de materia orgánica acidificada e non acidificada acadada nas incubacións do fitoplancto descritas previamente. Durante o experimento fíxose un seguimento da evolución das comunidades bacterianas e da materia orgánica producida polo fitoplancto e diariamente tomáronse mostras para coñecer a abundancia, a produción bacteriana, o consumo de osíxeno e outros parámetros relacionados coa cantidade e a calidade da materia orgánica.

    Artigo orixinal: Duvi

    43

    RelacionadosArtículos

    Un vigués que poseía 88 archivos de pornografía infantil en su móvil acepta una multa de 1.800 euros
    Sucesos

    Condenan con prisión a una americana que estafó más de 158.000 dólares a una empresa de Vigo

    01 de Jul, 2025
    La Xunta invierte 12,8 millones en 57 nuevas viviendas en Vigo
    Local

    Ya es oficial: la Xunta lleva a los tribunales a Vigo por la suspensión de la obra del Centro de Asociacionismo

    01 de Jul, 2025
    Tímido paso para avanzar en la ampliación de Navia mientras el megacontrato sigue sin dueño formal
    Local

    En el aire la segunda ampliación de Navia: sobre la mesa un nuevo recurso que paraliza (otra vez) las obras

    01 de Jul, 2025
    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»
    Sucesos

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    01 de Jul, 2025
    ¿Quieres ganar una Vespa? Gran Vía de Vigo celebra de lleno la temporada de rebajas
    Local

    ¿Quieres ganar una Vespa? Gran Vía de Vigo celebra de lleno la temporada de rebajas

    01 de Jul, 2025
    Local

    Los usuarios de la Pass Vigo ya pagan un 20% más por sus viajes en el bus urbano de Vitrasa

    01 de Jul, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    59

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La noria concluye su montaje horas antes de empezar las fiestas de Coia: este es el programa de verbenas

    «Caballero no quería fiestas en Vigo ni atracciones de feria porque no tiene medios para revisarlas»

    por Redacción
    24 de Jun, 2025
    0

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    por Redacción
    28 de Jun, 2025
    0

    Despliegue policial en la antigua estación de buses de Vigo por tres menores escondidos

    Caballero veta (también) la reforma de la vieja estación: «Si la Xunta quiere invertir en Vigo tiene infinitas oportunidades»

    por Europa Press
    30 de Jun, 2025
    0

    La noria concluye su montaje horas antes de empezar las fiestas de Coia: este es el programa de verbenas

    Caballero rectifica y trata ahora de salvar la fiesta de Coia

    por Redacción
    27 de Jun, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    45

    MÁS VIGO

    Curioso rincón de la Rúa Príncipe de Vigo
    Más Vigo

    Curioso rincón de la Rúa Príncipe de Vigo

    Este entorno de la Rúa Príncipe, en la ciudad de Vigo, ha sufrido cambios en el contenido de sus locales,...

    por Julio Alonso
    01 de Jul, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo
    Más Vigo

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo

    Hijo del constructor vigués Benito Gómez González, desde niño mostró interés por el trabajo en piedra y la labor de...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Nov, 2015

    LIBROS

    La Feria del Libro de Vigo cita a los mejores autores gallegos y rinde tributo al inolvidable Domingo Villar
    Libros

    La Feria del Libro de Vigo cita a los mejores autores gallegos y rinde tributo al inolvidable Domingo Villar

    La Praza de Compostela se ha convertido este martes en el epicentro de la cultura gallega con la inauguración de...

    por Redacción
    01 de Jul, 2025

    OPINIÓN

    2022, el año de la unión y movilización enfermera
    Opinión

    De nuestra extra, que no se coman ni un euro

     Por Asunción Maus, secretaria general de SATSE Galicia. Las enfermeras y fisioterapeutas que trabajamos en el Servizo Galego de Saúde...

    por Redacción
    28 de Jun, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR