Das destinadas ao coñecemento da cultura do viño, as rutas comezan o 7 de outubro cunha primeira saída á Estrada, que continuarán o 21 de mesmo mes a O Rosal e o 28, á comarca do Ribeiro. Estas tres compleméntanse cos percorridos polos sendeiros locais de Vigo.
Estas rutas pretenden “recuperar” os sendeiros vigueses afectados polos “terribles incendios” do pasado mes de outubro que, entre outras cuestións, supuxeron a desaparición da sinalización dos camiños. Este outono os paseos comezan precisamente por Coruxo e Saiáns, zonas singularmente afectadas polos lumes, para continuar despois por Beade, Bembrive, Cabral e Candeán.
Chus Lago puxo en valor dúas saídas “para familias” ata os Ancares que programa o ‘Camiño a Camiño’ os días 20 de outubro e 11 de novembro. Cos monitores e profesores da iniciativa e de Ceo Ciencia, os interesados poderán aprender sobre a contaminación alumínica e a derivada dos plásticos. O sábado anterior á saída comezará a actividade en VigoZoo, cunha formación ao respecto para toda a familia.
Ademais, o Concello ten en marcha o voluntariado ambiental nas Illas Cíes e nos montes de Teis, coa marcaxe de sendeiros. Por outra banda, continúan os cursos de hortas urbanas e tamén se ofrece formación para pasear cans da canceira municipal, con 90 vacantes e na que xa tomaron parte 40 persoas en edicións anteriores.