Este recoñecemento feito dende Ategrus –Asociación Técnica para a Gestión de Residuos e Medio Ambiente- distingue a nivel nacional ás praias que destacan pola súa política de calidade medioambiental. O galardón da conta do compromiso continuo do Concello coa mellora da calidade dos areais, mantendo os aspectos positivos que conxugan sostibilidade, criterios turísticos e respeto á natureza.
Praia América foi a primeira de Nigrán en estrenar este certificado en 2010 (no mesmo ano en que naceu este distintivo), no 2011 sumouse Panxón, no 2012 Patos e no 2013 Area Fofa. Dende entón as catro praias o manteñen grazas a súa política de conservación dunar, ás actividades medioambientais e deportivas que nelas teñen lugar ou a conservación do entorno natural.
«É un certificado que recoñece o traballo do Concello por manter a máxima calidade das súas praias, xa que primamos sempre a conservación da natureza», insiste o alcalde, Juan González.
Constituida en 1965, Ategrus é a única asociación española que abarca tódolos sistemas de xestión de residuos, aseo urbano e medio ambiente e reúne aos municipios, empresas e técnicos do sector co fin de compartir as súas experiencias e intercambiar criterios.