O Concello de Nigrán deu un paso máis para apelar á responsabilidade da propia cidadanía para manter os areais limpos. “O propio deseño, ademais dunha chamada de atención aos fumadores por parte dos nenos para que deixen a praia limpa, é unha invitación a reciclar e a respectar os dereitos medioambientais dos máis novos”, sinala o alcalde, Juan González.
Así, os contedores colgan dun soporte de madeira (que está decorado con debuxos de peixes de cores) e consisten en botellas de PVC reutilizadas. O obxectivo é que a propia instalación do ‘recolle-cabichas’ a pé de praia sexa unha chamada de atención á responsabilidade dos fumadores, ao marxe de que tamén é unha acción educativa.
As cabichas son xa a principal fonte de lixo mundial por diante dos envases, botellas e bolsas de plástico, segundo o recente estudio ‘Contaminación ambiental por colillas de tabaco. El tabaco de cuarta mano’, presentado recentemente polo doutor José Ignacio de Granda, coordinador da área de tabaquismo da Sociedad Española de Neumología y Cirugía Torácica (Separ).
“Temos que concienciar á xente de que as cabichas tamén contaminan o mar e a praia gravemente, de que hai que acabar coa mala costume de fumar e enterrarlas”, insiste González.
Un total de 4,5 trillóns de cabichas son tiradas cada ano as rúas, ríos, area, bosques e no mar, o que ten unha grave repercusión no medio ambiente. As cabichas poden tardar entre 8 e 12 anos en descompoñerse totalmente. Estas acumulan parte dos compoñentes do tabaco, incluídas as sustancias químicas máis nocivas que se liberan en contacto co agua. Polo tanto, cando chegan aos ríos e, incluso, ao mar, desprenden ditas sustancias, o que supón unha grave ameaza para a biodiversidade.