Tamén se terá ocasión de pasar por lugares con encanto como a aldea da Fraga ou o muíño-serraría de Calderón. Se o día acompaña poderanse contemplar fermosas panorámicas.
O percorrido dividirase entre unha ruta longa (9,2 quilómetros), de maior esixencia, e unha ruta curta (7,2 quilómetros), máis soportable. A andaina é circular con saída e chegada na área recreativa de Pouso.
A inscrición é gratuíta e debe tramitarse a través do 010 (986 81 02 60 dende móbil) de luns a mércores para empadroados. A inscrición para non empadroados será o xoves. A hora de convocatoria na Praza do Rei está programada para ás 9:00 horas, para saír as 9:30 horas.