• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 1 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    incendios forestales

    Así se aconsella actuar agora sobre as zonas queimadas

    A Sociedade Galega de Historia Natural emite unha guía tras recibir múltiples consultas sobre cales deben ser as pautas de intervención
    Redacción por Redacción
    19 de Oct, 2017
    en Medio Ambiente
    0
    Así se aconsella actuar agora sobre as zonas queimadas

    Antes de nada, o primeiro que hai que ter sempre presente son os obxectivos das actuacións de emerxencia post-incendio:
    – Frear a degradación do solo e reducir as perdas de solo e cinzas por erosión.

    – Favorecer á rápida recuperación das áreas queimadas.

    – Evitar os danos indirectos dos lumes sobre as zonas non queimadas, nomeadamente os cursos e masas de auga.

    – Non afectar ás zonas periféricas non queimadas, que actuarán de reservorio para a biodiversidade dende onde se producirá a recolonización das zonas queimadas pola flora e a fauna.

    O primeiro é obter os permisos necesarios
    – En espazos naturais protexidos (Parques Naturais, Rede Natura 2000, etc), sexan terreos privados ou públicos, nunca intervir sen consultalo antes coa Consellería de Medio Ambiente.

    – En terreos privados (máis do 90% dos montes galegos) solicitar previamente o permiso do(s) propietario(s), sexan particulares ou comunidades veciñais de montes en man común.

    – En terreos públicos ou privados conveniados ou consorciados coa administración, solicitar previamente o permiso da administración que o xestione (Consellería de Medio Rural, concellos…).

    O segundo é planificar o traballo e avaliar a situación do terreo queimado
    É imprescindible avaliar a situación do terreo para decidir se é preciso ou non intervir e priorizar as zonas de actuación. Incluso nun mesmo lume normalmente os danos na vexetación e nos solos son moi variables. Así, as zonas de intervención prioritarias son:

    – As zonas con árbores que sufriron lume de copas que consumiu completamente as follas/acículas. Especialmente, as zonas de mato en que a vexetación se calcinou totalmente (ou case) son zonas de intervención prioritaria.

    – A prioridade é maior nas zonas en que o lume afectou máis intensamente ao solo: non queda (ou case) capa de follasca chamuscada sobre o solo, as cinzas son branco-grisáceas en lugar de negras e o solo cambiou de cor ata máis dun par de centímetros de profundidade.

    – A prioridade é maior en zonas de pendente e/ou próximas a ríos/regatos ou captacións de auga para abastecemento.

    – Non é necesario nin conveniente intervir nas zonas chairas ou de pouca pendente, onde a severidade do lume foi baixa, con árbores ou arbustos nas que as copas están chamuscadas pero non se consumiron pois as follas protexerán de xeito natural o solo contra a choiva mentres se manteñen na árbore e tamén cando caian nos próximos días/semanas pois proporcionarán unha capa de follasca que cubrirá o solo. Nestas zonas é preferible deixar que actúe a rexeneración natural.

    Seleccionar a actuación máis axeitada
    Nas zonas de risco grave de erosión (alta severidade do lume e forte pendente) pode ser recomendable adoptar medidas de protección do solo, entre as que as máis eficaces son as seguintes:

    – Sementeira de vexetación axeitada. Non ten sentido sementar ou plantar árbores nestes momentos, pois non serán capaces de facer unha cuberta vexetal protectora do solo antes das choivas invernais. Pisotear o solo queimado e facer buratos para sementar landras ou castañas agora mesmo é contraproducente.

    – A vexetación ideal son as plantas herbáceas pois medran rápido xerando un ‘paraugas’ protector do solo e un entramado denso de raíces que axudan a reter o solo e as cinzas. Pero é imprescindible ter en conta o seguinte que para restaurar os solos queimados o ideal é empregar sementes de especies silvestres autóctonas, pero pode resultar moi difícil ou imposible conseguilas.

    Como alternativa pódense empregar sementes de cereais como centeo ou trigo de inverno, a ser posible de procedencia local, canto máis preto mellor para non contribuír a espallar especies non desexadas. Desaconséllase o emprego de sementes comerciais de especies pratenses como as empregadas nos prados e pasteiros artificiais e doutras especies de procedencia descoñecida pois a miúdo conteñen mesturadas sementes de especies exóticas invasoras.

    – Crear un ‘alfombrado’ con palla ou viruta de madeira. No caso da palla unha dose eficiente é duns 200 gramos por metro cadrado (non fai falta máis) e, como normalmente contén algunhas sementes, o recomendable é empregar palla de procedencia o máis próxima posible -por exemplo dun veciño que a colleitou- para evitar así o risco de introdución de especies non desexadas, mesmo exóticas invasoras. Se a palla dispoñible non é suficiente, pódese aplicar en faixas alternas ao longo das curvas de nivel.

    Pautas de intervención
    – Para calquera tipo de intervención recoméndase evitar, ou reducir ao mínimo absolutamente imprescindible, o pisoteo de xente e o tránsito ou operación de maquinaria pesada na superficie queimada. Na medida do posible, circular sempre por camiños, pistas e cortalumes. Non arar, ‘rippear’, subsolar (e moito menos pola liña de pendente) ou aterrazar o terreo.

    – Non fertilizar nin encalar, pois as cinzas teñen suficientes nutrientes e xa incrementaron o pH do chan.

    – Non cortar as árbores e arbustos que poidan rebrotar e, na medida do posible, demorar a talla das árbores madeirables que non poidan rebrotar. Cos piñeiros queimados hai o risco de que lles afecten pragas que deprecian a madeira e que poderían estenderse ás árbores sas, pero os expertos no tema indican que a súa curta podería retrasarse ata uns 3-4 meses sen problemas.

    Posto que se dispón de 3-4 meses, sería recomendable que nunca se tallen ladeiras enteiras con pendente senón que se tallen faixas alternas ao longo das curvas de nivel, que se adopten medidas para recuperar os chans nesas faixas e cando comece a recuperarse a vexetación herbácea nelas aos 3-4 meses se tallen as faixas restantes, nas que logo se adoptarán as medidas para recuperar os solos.

    – Nas faixas de arboredo madeirable que se tallen, deberíanse conservar as gaias e os restos de curta sobre o terreo facendo faixas con eles polas curvas de nivel para que protexan ao chan da escorrentía e erosión.

    – Nas zonas de arbolado non madeirable, poderíanse tallar algunhas árbores alternas e deitalas sobre o chan polas curvas de nivel, apoiados contra as árbores que non se corten (ou contra rochas), de tal xeito que non roden pola pendente. Así farán de pequenas terrazas «naturais» que freen a escorrentía e a erosión; algo similar poderíase facer na zonas de mato de gran porte que se queimaron.

    Pautas de actuación coa fauna. Que fago se atopo un animal ferido ou aparentemente indefenso?
    No caso de localizar algún animal silvestre ferido o mellor é comunicalo a un dos centros de recuperación de fauna e seguir as súas indicacións. Lembra que un animal silvestre pode ser potencialmente perigoso, sobre todo se está ferido, ten crías perto ou se sinte “acorralado” pola xente, por moi boa intención que teñan os que queiran axudalo.

    No caso de atopar algún animal doméstico ferido o mellor sería avisar aos veciños das casas ou do pobo máis próximo para atopar ao seu propietario. Como alternativa poderíase avisar aos centros de recuperación de fauna, a protección civil ou a policía municipal.

    Lembra sempre que mesmo un animal de compañía xeralmente moi cariñoso pódese comportar dun xeito agresivo cando está enfermo, ferido ou se sinte acurralado.

    Debo levar comida ao monte para os animais?
    Lamentablemente a meirande parte dos animais morreron. Só sobreviviron as aves e mamíferos grandes que puideron fuxir voando ou correndo se non estaban perto do lume. Non o entendemos como necesario. Pregúntanos se levar pan é prexudicial, consideramos que non. O aproveitarán sobre todo córvidos.

    Outras recomendacións
    – Desaconsellamos ir ó monte salvo para accións concretas e organizadas. Usar sempre os sendeiros, xa que pisar fóra dos camiños favorece a erosión.

    – Unha boa intención non ten por que dar bos resultados. Iso si, precisamos a boa intención e as gañas de todos para obrigar ás administracións a que cumpran o seu papel, o traballo para que o que os temos elixido e para o que lles pagamos todos os días. Por iso recomendamos encarecidamente que insistades en chamar á Dirección Xeral de Patrimonio Natural ou á Dirección Xeral de Ordenación Forestal solicitando a organización de actividades de voluntariado dirixidas e organizadas, e ofrecéndovos como voluntarios. A maiores e moi importante, hai que seguir a apoiar as economías locais para suavizar as perdas que inevitablemente van ter.

    E un último consello: as zonas verdes que permanecen van ser o refuxio e alimento da fauna que sobreviviu e da propia do lugar, polo tanto é moi importante non detraer o alimento que van precisar (por exemplo, castañas, landras, froitos varios…) pois supoñen a súa posibilidade de supervivencia e a súa futura reprodución.

    43

    RelacionadosArtículos

    Así será la segunda vida del histórico edificio de Vigo convertido en apartahotel de lujo: siete pisos y vistas a la Ría
    Local

    Así será la segunda vida del histórico edificio de Vigo convertido en apartahotel de lujo: siete pisos y vistas a la Ría

    30 de Jun, 2025
    Arranca la semana de PortAmérica: el festival que une estilos, generaciones y sabores en Galicia
    Música

    Arranca la semana de PortAmérica: el festival que une estilos, generaciones y sabores en Galicia

    30 de Jun, 2025
    Un coche ardiendo en la A-52 provoca un conato de incendio forestal
    A Cañiza

    Un coche ardiendo en la A-52 provoca un conato de incendio forestal

    30 de Jun, 2025
    Vigo vuelve a la línea de salida con uno de sus megacontratos: licita otra vez el servicio de ayuda en el hogar
    Local

    Vigo vuelve a la línea de salida con uno de sus megacontratos: licita otra vez el servicio de ayuda en el hogar

    30 de Jun, 2025
    Acaba con el coche volcado tras un aparatoso accidente en el campus de Vigo
    Sucesos

    Acaba con el coche volcado tras un aparatoso accidente en el campus de Vigo

    30 de Jun, 2025
    La Guardia lidera el cartel musical de las fiestas de San Roque en Vigo, cuyo pregón correrá a cargo del Celta
    Local

    Una veintena de comisiones de fiestas de Vigo pide a Caballero que sufrague los gastos de no tener atracciones

    30 de Jun, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 3

    59

    44

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La noria concluye su montaje horas antes de empezar las fiestas de Coia: este es el programa de verbenas

    «Caballero no quería fiestas en Vigo ni atracciones de feria porque no tiene medios para revisarlas»

    por Redacción
    24 de Jun, 2025
    0

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    por Redacción
    28 de Jun, 2025
    0

    La noria concluye su montaje horas antes de empezar las fiestas de Coia: este es el programa de verbenas

    Caballero rectifica y trata ahora de salvar la fiesta de Coia

    por Redacción
    27 de Jun, 2025
    0

    Conciertos de Castrelos 2025: se buscan artistas con estos requisitos

    Arranca la venta de entradas para los conciertos de Castrelos: así queda el listado, los precios y lo que cuesta a Vigo

    por Redacción
    27 de Jun, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    45

    MÁS VIGO

    El Camino de Santiago a través de Vigo
    Más Vigo

    El Camino de Santiago a través de Vigo

    Resulta absurdo que la ciudad de Vigo siga siendo la única población donde no existe señalización oficial sobre el Camino...

    por Julio Alonso
    30 de Jun, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo
    Más Vigo

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo

    Hijo del constructor vigués Benito Gómez González, desde niño mostró interés por el trabajo en piedra y la labor de...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Nov, 2015

    LIBROS

    La novela ganadora del Premio Blanco Amor 2024 se presenta en Porriño
    Libros

    La novela ganadora del Premio Blanco Amor 2024 se presenta en Porriño

    La Villa del Louro se prepara para una cita literaria de excepción. Este jueves, 19 de junio, a las 20:00...

    por Redacción
    18 de Jun, 2025

    OPINIÓN

    2022, el año de la unión y movilización enfermera
    Opinión

    De nuestra extra, que no se coman ni un euro

     Por Asunción Maus, secretaria general de SATSE Galicia. Las enfermeras y fisioterapeutas que trabajamos en el Servizo Galego de Saúde...

    por Redacción
    28 de Jun, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR