Os encontros comezarán o venres 8 a partir das 16:00 horas e a hora estimada de finalización para esta primeira xornada son ás 20:30 horas. O sábado a actividade empezará ás 10:00 horas e durará todo o día. O domingo se xogarán as finais a partir das 10:00 horas e a entrega de medallas terá lugar a última hora da mañá.
Ana Durán, responsable organizadora do torneo, agradeceu “a colaboración dos Concellos de Ponteareas e As Neves, as Federacións tanto Galega Española de Bádminton, así como todos o patrocinios e integrantes do clubes”, ao mesmo tempo que aproveitou para recordar “que haberá máis de 180 deportistas representando a 40 clubes diferentes”.
O vicepresidente da Federación Española de Bádminton e presidente da Federación Galega de Bádminton, Rodrigo Sanjurjo, salientou a “excelente saúde do bádminton galego e pontevedrés, sendo esta a única provincia que conta con dous equipos en categoría nacional”. Tamén quixo ofrecer desculpas “pola ausencia dalgunhas das mellores do panorama nacional, como Carolina Marín, pero estes teñen que xogar o Campionato do Mundo esta mesma fin de semana”. En compensación, Sanjurjo asegurou que “tentarán garantir a presenza destes deportistas nun futuro próximo en Ponteareas, ben noutro torneo ou ben a través dalgunha exhibición”.
O alcalde de As Neves, Raúl Emilio Castro, salientou “o sacrificio e o traballo dos directivos do Club Bádminton As Neves” e animou a conseguir “dar unha imaxe de pobos acolledores e que apoioan o deporte, tanto a nivel absoluto como de base”.
Pechou o acto o alcalde ponteareán, Salvador González, quen sinalou que “é un orgullo acoller este dobre campionato de España, garantindo unha boa recepción por parte dos veciños do municipio a todos os deportistas e aos afeccionados que se acheguen esta fin de semana a Ponteareas” e “agradecendo tamén o traballo do Club Bádminton As Neves e das Federacións”.