As rapazas e rapaces de entre 8 e 14 anos fixeron un último adestramento con estes dous deportistas nas piscinas de Máis que Auga e tiveron ocasión de conversar con eles, coñecer a súa vocación deportiva e mesmo de darlles ánimo e consellos para competir con éxito nos Xogos Paralímpicos de Río de Janeiro 2016. Os paralímpicos vigueses parten esta mesma semana cara a Río de Xaneiro, donde se celebran os Xogos Paralímpicos entre o 7 e o 18 de setembro.
No acto de despedida de Vigo, Chano Rodríguez e Susana Rodríguez realizaron una competición simbólica coas nenas e nenos dos campus de verán de Máis que Auga, que nos días previos recibiron formación sobre o valor e o esforzo dos deportistas paralímpicos.
Dende hai uns días, por iniciativa de Máis que Auga, os vigueses teñen tamén a posibilidade de enviar mensaxes de ánimo aos deportistas a través das redes sociais, coas etiquetas #DeVigoaRío, #SuperSusana, #SuperChano.
Chano Rodríguez participa na súa quinta paralimpiada, e nas catro anteriores ten acadado 16 medallas en natación: 8 ouros, 3 pratas e 5 bronces. Susana Rodríguez participa na súa primeira paralimpiada, competindo na modalidade de tríatlon, deportes que se estrea nos Xogos de Río.
Máis que Auga presta apoio e patrocinio a un grupo de deportes e deportistas de campos minoritarios, así como apoio técnico e de adestramento nas súas instalacións. Entre os deportistas apoiados pola firma viguesa se inclúen: Antonio Serrat (triatleta), o medallista olímpico en piragüismo Carlos Pérez ‘Perucho’, María Bautista (árbitro de taekwondo), Fernando Costas (atleta con discapacidade) e os equipos do Celta Feminino de Baloncesto, VGO Basket masculino, CD Amfiv basket en cadeira de rodas e o Club de Pádel Barreiro.