O equipo desta escola deportiva de taekwondo realizará unha exhibición de dous minutos de duración coa que intentarán sorprender ao xurado e ao público que vexa o espectáculo dende casa.
O programa emítese en directo ás 22.00 horas e os espectadores terán un papel fundamental. Cando chegue o momento da actuación do Tao, aparecerá en pantalla un teléfono e haberá só dez minutos para votar nese número. E deses votos depende o paso a final, porque o participante máis apoiado polos televidentes pasa directamente á final.
Este verán -aínda que o programa foi programado o pasado 12 de febreiro- os integrantes do Tao acadaron o pase a semifinal e xa sorprenderon ao público e o xurado e agora prometen aínda máis espectáculo.
O grupo lanzou unha mensaxe para pedir o apoio de todos os vigueses e os amantes do taekwondo e que voten por eles para así poder alcanzar a final do concurso.