O rexedor recibiu este xoves a responsables do Club Piragüismo Olívico que conta cun «número importante de mozos e mozas» que se inician nesta modalidade e que lle presentaron un «gran proxecto» para facer de Vigo unha cidade con inmensa partición neste deporte».
Así, segundo explicou Caballero, o club contempla a posibilidade de usar unha das naves da zona portuaria, que é propiedade do IGAPE e que está abandonada, para transformala nun «gran centro educativo, experimental e deportivo de piragüismo», coa vantaxe de que se sitúa ao carón do mar e que dispón de embarcadoiro, de maneira que a xuízo do alcalde é un «grande lugar» para potenciar este deporte e incrementar a súa presenza na cidade.
Abel Caballero trasladoulle ao Clubs Piragüismo Olívico e aos tres clubs piragüistas da cidade que «teñen o noso apoio, para iso queremos manter o diálogo permanente con eles» porque «queremos ver» a remeiros e piragüistas vigueses destacando neste deporte.