Ambos deportistas galegos tiveron a preparación máis axeitada de cara o Europeo, contando con adestradores de garantías como é o caso de Alexandre Kachelaev e Marcos Miragaya. Finalizaron os adestramentos do curso académico no CGTD de Pontevedra, despois permaneceron dúas semanas mais concentrados cos novos talentos no CGTD, estiveron unha semana concentrados nas instalacións da estación de esquí de Cabeza de Manzaneda e por último viaxaron a Madrid o Centro de Alto Rendemento (CAR) para adestrar coa selección Española absoluta.
A última semana de preparación fixérona nas súas respectivas casas, buscando a maior estabilidade emocional de cara o Europeo. «Traballar con rapaces tan novos moito tempo fora da súa casa, resulta un lastre difícil de superar para render en óptimas condicións», afirma Pablo Pintos, director técnico da federación galega.
Carmen Salgado e Omar Rodríguez están becados no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, onde adestran as ordes do seleccionador Galego Alexandre Kachelaev (Moscú, 1946). En total 7 deportistas galegos acadaron praza no Campionato de España cadete este ano 2015, pero solo 2 viaxan a Subótica. Non é unha época fácil para os deportistas mais novos, xa que 5 de eles teñen que quedar fora do Europeo por motivos técnicos, ben sexa por aspecto económicos ou polos resultados acadados nas últimas citas internacionais.