As 24 mellores parellas masculinas e femininas compiten en Vigo onde estarán as mellores pás de Galicia. O campionato enfrontará a 16 mulleres (8 parellas) na categoría feminina e 32 homes (16 parellas) na masculina. Máis que Auga foi elixida para celebrar o campionato pola súas instalacións e experiencia organizativa, onde os profesionais que compiten no ránking galego teñen ocasión
de sumar puntos para ascender na clasificación.
A competición tamén é decisiva para aqueles que aspiran a unha das catro prazas reservadas aos xogadores do circuíto profesional na World Pádel Tour que este ano contará cunha proba en A Coruña no mes de outubro.
Nas pistas de Navia estarán, a partir do mércores, algúns dos mellores especialistas galegos deste deporte en categorías masculina e feminina: Fernando Alonso Población (1º no ránking galego), as irmáns Carla e Sabela Barciela (1ª e 2ª clasificadas no ránking galego) e tamén aos máis novos, como Héctor Guisande (1º de Galicia da categoría cadete).
O Campionato Provincial absoluto celébrase unha vez ao ano, e os puntos sumados na proba adoitan ser decisivos para a clasificación final da tempada. Todos o partidos e mesmo a finais da fin de semana se disputarán nas pistas de pádel panorámicas de Máis que Auga Navia.