Manel Fernández felicitou á organización do Desafío Boot Camp Race e animouna para «dar continuidade. O Concello apoia todos os eventos que se celebran na cidade e alédase de que a iniciativa das entidades teña continuidade». O edil dixo estar «satisfeito» pois «esta proba chegou para quedarse», subliñou, tras coñecer o éxito de inscrición, en torno a uns 1.100 participantes, 900 deles nas probas sénior.
O Desafío Boot Camp Race é unha carreira que engade ao ‘running’ outros esforzos e así os deportistas deberán sortear ata 21 obstáculos en función da proba elixida (Elite, ‘daredevil’ ou equipos), ben reptando, escalando ou ascendendo.
A carreira, primeira en España que terá tamén a praia como escenario, dispútase nun tramo de entre 4 e 6 quilómetros segundo a categoría por area, asfalto e terra e a ela acoden inscritos de Galicia, Asturias, Euskadi, Castela-León e Portugal «que xa nos preguntaron cando é a próxima edición».
Unha das curiosidades deste evento xorde da posibilidade de substituír os obstáculos, se o atleta non é capaz de superalos, por ‘burpees’, é dicir, unha serie de exercicios de ‘crossfit’.
Artículos relacionados:
El Desafío Boot Camp Race, la carrera ‘total’ en Samil
Calentando motores a un mes del Desafío Boot Camp Race