O Club de Remo de Coruxo, que este ano pelexa pola permanencia -perdeu nove remeiros-, milita na categoría dende 2015, á que ascendeu no verán de 2014. Samertolameu manda no palmarés (doce bandeiras), defende a vitoria de 2017 e no que vai de campionato chega como líder. O Coruxo ondeouna no 2014, cando era Liga B, e tamén en 2016, xa en División A.
O obxectivo do Remo Coruxo este ano é evitar a praza de descenso directo á Liga B e a penúltima posición, que obriga á disputa dunha promoción.
A Bandeira Concello de Vigo pon en xogo 9.000 euros en premios en metálico. Dende 2011 a organización da proba pertence ao Club de Remo Coruxo e a ponte de Toralla e a praia do Vao son escenario das quendas.
O resto de rivais: Samertolameu, Puebla, Castropol, Bueu, Mecos, Chapela, Amegrove, Vilaxoán, Mera, Ares e Rianxo.