• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    sábado, 5 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    gala do deporte

    A Gala do Deporte fai xustiza en Vigo cos atletas históricos

    A Estación Marítima da Autoridade Portuaria de Vigo acolleu un acto presidido polo presidente Luis López e a vicepresidenta primeira Marta Fernández-Tapias no que foron homenaxeados dous deportistas históricos: o atleta Carlos Pérez e o remeiro Franco Cobas
    Redacción por Redacción
    27 de Oct, 2023
    en Polideportivo
    0
    A Gala do Deporte fai xustiza en Vigo cos atletas históricos

    Marta Fernández Tapias y Luis López flanqueando a los dos homenajeados. / Foto: Vigoé

    O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, situou o deporte como un piar estratéxico para o goberno provincial pola seu potencial para facer “ir a máis” a provincia tanto en materia de turismo como de benestar social. O mandatario participou esta tarde de venres na celebración da gala do deporte provincial que tivo lugar na Estación Marítima da Autoridade Portuaria de Vigo onde recoñeceu os méritos de deportistas históricos e emblemáticos da provincia como o atleta Carlos Pérez ou o remeiro Franco Cobas. “Sodes lendas”, díxolles ao saúdalos, antes de agradecer o seu papel como “os precursores, os que abristes ás portas ás novas xeracións de atletas, remeiros e deportistas que hoxe nos enchen de ilusión”.

    “Vós, os e as deportistas, sodes embaixadores da nosa felicidade. Portades o estandarte do orgullo da nosa provincia”, comezou o presidente da Deputación a unha intervención na que recordaba a emoción que transmiten a cidadanía os éxitos dos deportistas. “Quen non sentiu que estabamos a gañar moito máis que un Mundial cando Tere Abelleira voltou a Galicia cunha medalla de ouro?”, cuestionou Luis López, quen confesou ser non só un amante do deporte, tamén practicante, ao amosar a súa ficha como futbolista ou confesar o seu gusto por saír a correr e mesmo participar en probas ciclistas como a deste domingo en Forcarei.

    Unha satisfacción á que tamén aludiu a vicepresidenta Fernández-Tapias ao sinalar que “estamos vivindo uns tempos moi emocionantes. Non paran de chegarnos os vosos recoñecementos en competicións do máis alto nivel internacional. Sodes as pezas claves para que esta provincia vaia a más”.

    Gala do Deporte, na Estación Marítima de Vigo. Foto: Agostiño Iglesias

    Un discurso no que López fixo fincapé en que a “Deputación practica o municipalismo deportivo”. Unha afirmación que se basa no compromiso do goberno provincial co deporte e coa mellora das instalacións. Neste sentido, referiuse aos 4 millóns de euros do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas aprobado este mesmo venres no pleno da Deputación ou á firme decisión de participar na financiación da reforma do estadio de Balaídos.

    Pero o que quixo destacar o dirixente provincial é que “a provincia é no seu conxunto un enorme recinto deportivo. Temos os nosos montes que son circuítos de ciclocrós ou BTT, temos ríos ideais para piragüismo e rías fenomenais para regatas; temos cantís, sendeiros e picos que son marabillosos para a práctica da escalada, o canicrós ou o montañismo. A nosa provincia xunta en menos de 5.000 quilómetros cadrados: natureza, deporte e turismo. Somos unha das provincias máis pequenas, en extensión, de España. Pero somos grandes en deporte. Crédeme cando digo que Pontevedra á desfrutar”, afirmou Luis López.

    Por estas razóns, defende o presidente provincial que “o deporte é un sector estratéxico. O deporte é saúde física e mental, é socializar, é equilibrio territorial, educación, economía e turismo. O deporte fainos ir a máis”, subliña López. E neste sentido, o dirixente provincial volveu remarcar o seu compromiso pola organización de eventos deportivos en todos os concellos da provincia, poñendo como exemplo o partido que a Selección Española de Fútbol xogará o 1 de decembro no estadio de Pasarón nun encontro oficial da Liga de Nacións Feminina contra o combinado italiano.

    Marta Fernández-Tapias Núñez durante a Gala do Deporte. Foto: Agostiño Iglesias
    Luis López, na Estación Marítima de Vigo. Foto: Agostiño Iglesias

    Sobre o apoio ao deporte, engadiu Fernández-Tapias a intención da Deputación de seguir apoiando o deporte de base co fomento das escolas deportivas para que as nenas e nenos dos concellos se inicien no deporte.

    Recoñecemento aos 275 becados

    O evento, presidido polo presidente Luis López e a vicepresidenta primeira e encargada das áreas de Deporte e Cultura, Marta Fernández-Tapias: estivo conducido polo xornalista Terio Carrera e a deportista Desiree Vila e contou coa actuación da banda Eladio y Los Seres Queridos, así como unha exhibición do Club de Patinaxe Artística Gondomar. López e Fernández-Tapias foron os encargados de entregar un agasallo aos deportistas homenaxeados pola súa traxectoria, nun acto no que tamén se recoñeceu os logros dos deportistas de elite e de base aos que a Deputación presta apoio.

    “Desde a Deputación de Pontevedra somos conscientes de que hai que apoiar o deporte non con palabra, con recursos. Hoxe entregamos formalmente as nosas axudas ao deporte de elite e novas promesas. Vós, os 179 deportistas de alto nivel e as 96 grandes promesas que recibistes axudas, sodes o noso orgullo e o noso maior valor. Pero estas axudas son só un punto de partida. A Deputación seguirá apoiando aos clubs, deportistas e a todo o tecido deportivo para que poidan competir e organizar eventos de primeiro nivel”, declarou a vicepresidenta primeira da Deputación, Marta Fernández-Tapias.

    Unha premisa coa que concorda o presidente Luis López. “Temos un compromiso de apoio aos 61 concellos da provincia porque todos os veciños desta provincia, vivan onde vivan, teñen dereito a facer deporte e a desfrutar do deporte. Practicamos o municipalismo deportivo”, puntualizou nunha intervención na que tamén quixo agradecer o traballo das federacións, dos presidentes, presidentas e equipos directivos; dos adestradores e adestradoras, das familias, das afeccións, dos deportistas e de todos os clubs.

    “O libro da historia do noso deporte ten aínda moitas páxinas por encher. Moitas páxinas de gloria, porque o traballo e a constancia é o único camiño para acadar o éxito. E diso sabedes moito todos os que estades hoxe aquí e os que non puideron vir. Vós sodes inspiración”, concluíu o presidente Luis López.

    43

    Tags: Deputación de PontevedraGala do DeporteLuis LópezMarta Fernández-Tapias

    RelacionadosArtículos

    El presidente de la Diputación de Pontevedra anima a estudiantes de Erasmus a volver con «más conocimiento y fuerza»
    Comarcas

    El presidente de la Diputación de Pontevedra anima a estudiantes de Erasmus a volver con «más conocimiento y fuerza»

    03 de Jul, 2025
    Luisa Sánchez se estrena en el «núcleo duro» del PP provincial
    Local

    Luisa Sánchez se estrena en el «núcleo duro» del PP provincial

    03 de Jul, 2025
    Vigo acoge por primera vez un acto de balance de la Diputación: «Nunca en la historia hubo semejante inversión en la ciudad»
    Local

    Vigo acoge por primera vez un acto de balance de la Diputación: «Nunca en la historia hubo semejante inversión en la ciudad»

    01 de Jul, 2025
    Espectáculo de cores en Pontevedra para recibir aos artistas da Bienal
    Arte

    Espectáculo de cores en Pontevedra para recibir aos artistas da Bienal

    21 de Jun, 2025
    A Deputación mobilizará a máis de 1.900 persoas de entidades de 13 concellos no plan +Convivencia
    Comarcas

    A Deputación mobilizará a máis de 1.900 persoas de entidades de 13 concellos no plan +Convivencia

    19 de Jun, 2025
    Portamérica confirma otra actuación estelar
    Música

    La banda sonora del verano en las Rías Baixas: seis festivales y la novedad del Underfest en Vigo

    09 de Jun, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 8

    59

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    La tragedia roza Vigo al caer vigas de una grúa sobre la calle: «Por 30 segundos me he salvado»

    por Redacción
    01 de Jul, 2025
    0

    Despliegue policial en la antigua estación de buses de Vigo por tres menores escondidos

    Caballero veta (también) la reforma de la vieja estación: «Si la Xunta quiere invertir en Vigo tiene infinitas oportunidades»

    por Europa Press
    30 de Jun, 2025
    0

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    por Redacción
    28 de Jun, 2025
    0

    La Xunta invierte 12,8 millones en 57 nuevas viviendas en Vigo

    Ya es oficial: la Xunta lleva a los tribunales a Vigo por la suspensión de la obra del Centro de Asociacionismo

    por Europa Press
    01 de Jul, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Conciertos populares de Vigo
    Más Vigo

    Conciertos populares de Vigo

    El Concello de Vigo ha organizado una serie de conciertos populares para acercar la música a la ciudadanía a través...

    por Julio Alonso
    05 de Jul, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo
    Más Vigo

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo

    Hijo del constructor vigués Benito Gómez González, desde niño mostró interés por el trabajo en piedra y la labor de...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Nov, 2015

    LIBROS

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en junio que no te puedes perder
    Libros

    13 novelas y cómics de aventuras publicados en junio que no te puedes perder

    Ya tenemos aquí el verano y, con él, una tremenda ola de calor y de novedades literarias. ¿Te animas a...

    por Gabriel Romero de Ávila
    05 de Jul, 2025

    OPINIÓN

    Envidia de «los chalecos amarillos»
    Opinión

    Envidia de «los chalecos amarillos»

    Siempre he tenido una cierta admiración por la nación que queda al norte de los Pirineos. Cuando pasas la frontera...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Jul, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR