Unha das liñas de traballo da Federación Galega de Loita e D.A. é a de achegar as Loitas Olímpicas o maior número posible de rapaces e rapazas. A liña de traballo da promoción é unha das mais interesantes, e grazas a colaboración co CFR (Centro de Formación e Recursos) de Vigo e de Pontevedra, 34 profesores de primaria e secundaria recibiron como parte da súa formación 4 sesións de iniciación as Loitas Olímpicas. A principal idea, e que os profesores poidan levar a cabo na clase de educación física actividades nas que desenrolen dun xeito lúdico habilidades básicas de Loitas Olímpicas dun xeito divertido e seguro.
Os técnicos encargados de impartir estas sesións de formación para funcionarios foron Pablo Pintos Figueroa no CEIP A Doblada na cidade de Vigo e Marcos Miragaya Lama no IES A Xunqueira en Pontevedra.
“O principal obxectivo é que o profesorado teña unha experiencia positiva de cara a levar a cabo este tipo de actividades nos centros educativos, e de que teñan as ferramentas precisas para facelo con solvencia e seguridade”, afirma Pablo Pintos, Director Técnico da Federación Galega de Loita e D.A. Marcos Miragaya indica que “é un orgullo que os centros de Formación conten cos técnicos especialistas en Loitas Olímpicas para levar a cabo este tipo de actividades formativas…”
A formación dos formadores, é unha garantía de éxito de futuro, por que é a base do desenvolvemento de todos os deportes. Canta mellor formación teñan os profesores de educación física e os técnicos deportivos, maior e mellor calidade de ensinanza poderán transmitir, o que redunda no éxito da formación os mais pequenos e nos éxitos do propio deporte.