A academia de Pádel Máis que Auga celebrará do 13 ao 18 de xaneiro a Semana de Portas Abertas, na que tanto nenos como adultos poderán recibir clases de balde nas instalacións de Barreiro e Navia. Toda aquela persoa que desexe coñecer o pádel con Máis que Auga, ten que inscribirse na páxina web www.maisqueauga.com. As prazas son limitadas.
Estas clases están dirixidas a todo tipo de público, dende a xente que nunca practicou pádel a xogadores xa iniciados, que poden ter interese en acudir á academia. En que consistirá a proba? Será unha clase grupal, con adestradores da academia, todos eles titulados.
Esta actividade desenvolverase nos niveis de iniciación e intermedio para os adultos e tamén de nenos. A inscrición debe realizarse na páxina web de Máis que Auga, indicando días e horarios preferentes para poder organizar as clases. Os días laborais haberá horarios de mañá e de tarde, mentres que o sábado a xornada será matinal.
Con esta acción, Máis que Auga pretende dar a coñecer un deporte cada vez máis instalado na cidade, ao ser unha actividade deportiva e de ocio, para compartir con familia e amigos e sen que sexa necesario ter unha enorme forma física.
Máis que Auga comezou a celebrar a Semana de Portas Abertas no ano 2011 cunha media de participación de 200 usuarios.