A campaña, aberta todo o ano pero cunha especial incidencia no Nadal, ten recollido xa máis de 1.000 bicicletas desde o ano 2002, pezas que restauran os talleres e tendas colaboradores: Anca, Bicitotal, Biciocon, Cromoly, Galicia en Bici, Gonzalo Aguiar, Nbike, Transcero, Lafuga, Xtrembike, Sportpasion, Duran Bikes e Mais que bicis.
José Manuel Suárez, presidente de A Golpe de Pedal amosouse satisfeito pola consolidación da campaña na cidade e mencionou as tres entidades coas que asinaron convenio de colaboración este ano para poderen recibir bicicletas: Cáritas, Aldeas Infantiles e Provivienda. Na rolda de prensa estiveron presentes Ana Pardo de Provivienda e Carlos Vidal, presidente do Club Ciclista Vigués.
Ademais, o alcalde convocou á cidade a participar este domingo, 16 de decembro, na marcha ciclista popular «Bicis no Nadal», que organizan en colaboración con el Club Ciclista Vigués e que parte ás 10:30 da mañá de Concepción Arenal e que tamén é solidaria, xa que recollerán alimentos non perecedoiros.