• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Motor
    domingo, 24 de enero de 2021
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Os comuneiros de Tameiga presentan unha querela contra Mouriño e Nidia Arévalo

    A comunidade de montes demanda á Xustiza que se acorden, como medidas cautelares, a suspensión das obras e, no suposto de estar concluídas, a prohibición de uso das instalacións
    Redacción por Redacción
    15 de Dic, 2020
    en Celta
    0
    Os comuneiros de Tameiga presentan unha querela contra Mouriño e Nidia Arévalo

    Mouriño, Feijóo e Arévalo, na inauguración da cidade deportiva. / Foto: RC Celta

    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    A Comunidade de Montes de Tameiga anunciou este martes que vén de presentar unha querela nos xulgados de O Porriño contra o presidente do Celta, Carlos Mouriño, e contra alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, pola construción da nova cidade deportiva do club vigués na parroquia de Pereiras. No escrito, os comuneiros tamén inclúen aos demais membros da Xunta de Goberno Local do Concello de Mos.

    No documento trasladado á Xustiza, pídese que se acorden, como medidas cautelares, a suspensión das obras e, no suposto de estar concluídas, a prohibición de uso das instalacións. Para asegurarse da efectividade desta medida solicítase o precinto da edificación en cuestión e o apercibimento aos querelados de incorrer en delito de desobediencia ou de quebrantamento de medida no caso de quebrantar o peche.

    Os comuneiros requiriron ao xulgado que se oficie á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para que realice á maior brevidade presuposto de demolición das obras e que se requira aos demandados para que afiancen a cantidade orzamentada. Do mesmo xeito, reclaman que para garantir a demolición se faga un expreso apercibimento de embargo de bens no suposto de os querelados non presten a fianza fixada.

    Tamén solicitan a elaboración dun informe sobre se as obras proxectadas e construídas son catalogables como obras e instalacións imprescindibles para o uso de actividades de carácter deportivo ao aire libre ou se se trata da implantación dun equipamento deportivo para o que se require a tramitación dun Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións (PEID) .

    Na querela presentada sinálase que “co obxectivo de sortear a tramitación e aprobación dun PEID e de favorecer o inicio prematuro das obras, a Xunta de Goberno Local do Concello de Mos concedeu dúas licencias nun intento de minimizar o alcance das obras mediante un fraccionamento do proxecto por fases”. Así, “primeiro autorízase o campo de fútbol –dobre- e o aparcamento, e despois autorízanse os vestiarios e o resto de instalacións. Isto supón unha concesión de licencias sabéndoas contrarias á lei”.

    Segundo sosteñen os comuneiros, a Xunta de Goberno, “co fin de sortear a tramitación e aprobación dun PEID e de favorecer o inicio prematuro das obras, concedeu as licencias intentando minimizar o alcance daquelas mediante un fraccionamento do proxecto por fases”. A asesoría legal da Comunidade de Montes entende que todas estas actuacións poden ser constitutivas de delito por prevaricación penado coa prisión dun ano e seis meses a catro anos e a de multa de 12 a 24 meses.

    “É significativo que precisamente se estea agora a tramitar un PEID (DOG nº 166 de 18.08.2020) cuxa principal finalidade é a de dotar de cobertura ás obras previamente licenciadas. Isto confirma a consciencia por parte da entidade local de que unhas obras das dimensións das proxectadas, e executadas, polo Celta de Vigo requiren dun PEID, posto que exceden con moito das instalacións deportivas que tipicamente se veñen permitindo en solo rústico sen necesidade de tal Plan Especial”, din os demandantes.

    A Comunidade de Montes de Tameiga denuncia que as obras executadas exceden claramente os proxectos licenciados. O proxecto técnico licenciado para os “vestiarios e instalacións auxiliares imprescindibles” prevía tres pezas independentes de dous andares unidas baixo unha cuberta unitaria. “En total, proxectábase unha superficie total de 1.404 metros cadrados cunha superficie en planta ocupada por toda a edificación de 2.762,8 metros cadrados”, aseguran.

    Con todo, afirman que as obras que se están executando “exceden con moito” do proxecto licenciado, pois a superficie executada é manifestamente superior á permitida pola licenza na que pretenden ampararse.

    Imaxe difundida pola Comunidade de Montes de Tameiga para denunciar a obra feita en Pereiras.

    Con respecto ao proxecto técnico licenciado para o “campo de fútbol e soto para instalación”, desde Tameiga subliñan que estaban programados “dous campos de fútbol ao este de onde se proxectou a construción dos vestiarios, sen que se previse a construción dun terceiro campo de fútbol ao oeste de dita construción”. Malia todo, estase construíndo un terceiro campo de fútbol ao oeste dos vestiarios sen que se atope previsto no proxecto licenciado.

    “Pretenden encaixar un campo de fútbol dobre (agora triplo) que alcanza unhas dimensións de 16.576 metros cadrados, un aparcamento de 5.500 metros cadrados e uns vestiarios e instalacións das dimensións das proxectadas no uso de actividades de carácter deportivo ao aire libre e catalogalos como obras e instalacións imprescindibles para o uso de que se trate, resulta absolutamente insostible e contrario á vontade do lexislador urbanístico autonómico. A eventual permisión da implantación en solo rústico por licenza municipal só cabería en supostos excepcionais de instalacións deportivas municipais ou parroquiais. Pola contra, o complexo deportivo que se licenciou encaixa perfectamente na definición de equipamento deportivo privado contida no RLSG e no Decreto 83/2018”, engade a Comunidade de Montes de Tameiga.

    Tags: Carlos MouriñoCiudad DeportivaNidia ArévaloTameiga

    RelacionadosArtículos

    Mos estrea un novo portal dixital de emprego da Axencia de Colocación
    Mos

    Mos estrea un novo portal dixital de emprego da Axencia de Colocación

    15 de Ene, 2021
    A veciñanza de Tameiga leva á Fiscalía as obras da Cidade Deportiva do Celta
    Mos

    A veciñanza de Tameiga leva á Fiscalía as obras da Cidade Deportiva do Celta

    10 de Ene, 2021
    El Celta pide parar el “despropósito” de Balaídos en una carta “desesperada” al alcalde y la Corporación Municipal
    Celta

    El Celta pide parar el “despropósito” de Balaídos en una carta “desesperada” al alcalde y la Corporación Municipal

    21 de Dic, 2020
    El respeto de Mouriño a la afición del Celta y a Vigo
    Opinión

    El respeto de Mouriño a la afición del Celta y a Vigo

    29 de Nov, 2020
    Los comuneros se hacen sentir en la ciudad deportiva del Celta: “Isto é un cabalo de Troia”
    Celta

    Los comuneros se hacen sentir en la ciudad deportiva del Celta: “Isto é un cabalo de Troia”

    28 de Nov, 2020
    El Celta completa su primer entrenamiento en su nueva ciudad deportiva
    Celta

    El Celta completa su primer entrenamiento en su nueva ciudad deportiva

    26 de Nov, 2020

    Más Vistos

    Aquella última nevada en Vigo de 1987

    Aquella última nevada en Vigo de 1987

    por Eduardo Rolland
    23 de Ene, 2021
    0

    Galicia cerrará las actividades no esenciales  en concellos de más de 10.000 habitantes si la incidencia supera los 1.000 casos

    Galicia cerrará las actividades no esenciales en concellos de más de 10.000 habitantes si la incidencia supera los 1.000 casos

    por Redacción
    19 de Ene, 2021
    0

    Investigan al gerente de una empresa de Ponteareas por falsificar la firma de una mujer muerta hace más de dos años

    Encuentran con heridas de arma blanca el cadáver de un hombre en Mondariz

    por Redacción
    23 de Ene, 2021
    0

    Vigo pasa al nivel máximo de restricciones junto a otros 55 concellos, 10 en su área sanitaria

    Vigo pasa al nivel máximo de restricciones junto a otros 55 concellos, 10 en su área sanitaria

    por Redacción
    18 de Ene, 2021
    0


    Detenido un huésped del hotel de Mondariz en el que fue hallado muerto un hombre con heridas de arma blanca

    por Redacción
    23 de Ene, 2021
    0
    Detenido un huésped del hotel de Mondariz en el que fue hallado muerto un hombre con heridas de arma blanca
    Mondariz

    Agentes de la Guardia Civil detuvieron a un huésped del hotel de Mondariz en el que fue hallado muerto la...

    Leer mas

    Los brotes en las residencias Las Angélicas, Paz y Bien y Mi Casa siguen sumando positivos

    por Redacción
    23 de Ene, 2021
    0
    Los brotes en las residencias Las Angélicas, Paz y Bien y Mi Casa siguen sumando positivos
    Covid-19

    Los tres últimos brotes registrados en residencias del área sanitaria de Vigo no habían cerrado todavía su lista definitiva de...

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    ¡Bienvenido/a!

    Inicia sesión con los siguientes datos

    Recuperar contraseña

    Create New Account!

    Fill the forms bellow to register

    All fields are required. Iniciar sesión

    Recupera tu contraseña

    Introduce tu usuario y correo para resetear tu contraseña.

    Iniciar sesión
    Do NOT follow this link or you will be banned from the site!
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Aceptar Rechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy
    Necesarias Siempre activado