No 2015 comezou a camiñar a Romaría Celtista en Compostela da man da Peña Celtista Merlegos Celestes. Nesa ocasión, varios centos de celtistas se deron cita no Campo da Almáciga en Santiago de Compostela. Nesta segunda edición, a Peña Celtista Siareiros Dezaos toma o relevo deste evento, que pretende ser unha Romaría itinerante organizada polas diferentes peñas do R.C Celta de Vigo. Nesta ocasión se vai celebrar no interior de Galicia, na vila de Lalín, onde se prentende facer unha xornada para o recordo, na que os celtistas gocen dun día lúdico e festivo.
Para coñecer máis sobre a Historia do clube celeste, xa o venres inaugurouse unha exposición do Real Club Celta de Vigo a través dos seus 93 anos de historia no Concello de Lalín.
Na xornada do sábado, contarase coa presenza do vicepresidente do club Pedro Posada de do xogador Claudio Beauvue, que serán recibidos polos representantes institucionais do Concello de Lalín. De seguido, tódolos siareiros celtistas reuniranse na Praza de Galicia (o carón do Concello de Lalín), onde levarase a cabo o recibimento na vila.
Terminarán achegándose ó Campo da Feira Vello, onde gozarán de un xantar, en confraternidade. O longo de toda a xornada haberá varias actuacións musicais, nas que participarán A Banda da Tasca e Grupo de Gaitas Bico da Balouta.
Para rematar a xornada, comezará a Romaría Rock, un pequeno festival, no que actuarán os grupos locais Tiro Na Testa e Ultima Sacudida, maís os grupos de Vigo Keltoi e Dakidarria do Val Miñor.
O prezo das entradas é de 20€ para o xantar (inclúe Romaria Rock) e de 10€ para os maís cativos (de 6 a 12 anos). Se só se quere asistir a Romeria Rock, o custe será de 10€ anticipada e 15€ na billeteira.