Caballero anunciou este luns que esta semana será aprobado pola Xunta de Goberno Local unha adenda ao convenio asinado entre o Concello e a Deputación para a reforma integral do estadio municipal de Balaídos, unha adenda na que -ademais de garantir novos asentos en todo Río Baixo- as institucións dirixidas por Abel Caballero e Carmela Silva promoven a «fase definitiva» da remodelación cos proxectos técnicos para as bancadas de Gol e Marcador e dun novo aparcamento de mil prazas.
A estacionamento, engadiu o alcalde, irá emprazado en Manuel de Castro fronte á bancada de Tribuna. «Entramos xa na fase definitiva para completar a gran reforma de Balaídos», apuntou Caballero, quen explicou que o aparcamento actuará ademais como un «factor determinante» para evitar as inundacións na zona de vestiarios do estadio.
Esta fase de tramitación dos proxectos técnicos do aparcamento, de Gol e de Marcador supón «o paso inicial para a concesión do campo de Balaídos», que incluirá o estacionamento. Caballero enfatizou o apoio da Deputación de Pontevedra e censurou que a Xunta de Galicia achega «cero euros» á Balaídos e pediu explicacións ao presidente, Alberto Núñez Feijóo.
Estrutura
Este luns quedou colocado o primeiro módulo da estrutura da cuberta da nova bancada de Río do Estadio Municipal de Balaídos e, mañá, continuarán os traballos para instalar o segundo módulo da cuberta. A próxima semana montaranse as dúas pezas dos extremos. O izado e montaxe será de forma simétrica e as planchas azuis celestes se irán instalando segundo avance a colocación da estrutura.
No relativo á iluminación, o alcalde explicou que o número total de focos no estadio será prácticamente o mesmo este xoves -cando o Celta xoga ás 21 horas- que ao final da tempada pasada.