O rexedor abondou en que se detectaron fallos en xuntas en Marcador que hai que selar. Ao respecto, anunciou para xaneiro o comezo dun proxecto para acometer a reparación destas “pequenas deficiencias”, pero “sen que exista síntoma de esgotamento da estrutura”.
Ademais, o alcalde citou outro informe que avaliou máis en profundidade a estrutura do estadio, elaborado por Galaicontrol no ano 2013. Sobre a bancada de Marcador, a análise concluíu a existencia de roturas e “desconchóns” no cemento que foron reparados “seis meses despois” da emisión do citado ditame, en outubro do citado ano.