A fase final na que se decidirá o campión desta edición xogárase nos campos de fútbol de Sardoma, onde xogarán o grupos formados pola Peña Celtista Natxo Insa, Peña Celtista Boinas Celestes A e Peña Celtista Ramallosa, por un lado, e Peña Celtista Iago Aspas, Peña Celtista Mi Bendita Condena e Peña Celtista Boinas Celestes B, polo outro.
Ademais, no campo de Guizan en Mos xogarán Peña Celtista Caldeirada Sideral, Peña Celtista Terra Celeste e Peña Celtista Centolos Celestes, nun dos grupos, e Peña Celtista de Arbo, Peña Celtista Os Zoqueiros e Peña Celtista Celtas do Verdugo no segundo grupo.
O comezo dos partidos será as 10:00 horas, as 11:15 xogarase o segundo encontro e o último as 12:30 horas. Os campións de cada grupo disputaran as semifinais no campo de A Madroa do RC Celta as 17:30 horas, disputándose as 18:30 a gran final cos vencedores das semifinais.
O sábado 4 de maio coincidindo coa visita do FC Barcelona, as peñas celebrarán a súa XXII Convención Anual no Hotel Coia ás 14:00 horas, cun xantar no que participarán os representantes das peñas inscritas, acompañados polo alcalde, concelleiros, deputados e por membros do consello de administración do Celta, incluído corpo técnico, xogadores, etc.
No acto se entregarán os recoñecementos ás peñas polo seu 50 Aniversario, caso da Peña Celtista de Noia e Peña Celtista e Vilalba, mentres que polo seu 25 Aniversario a Peña Celtista Marusia, Peña Celtista Vlado Guelj A Rúa, Peña Celtista O Barco e Peña Muradana Celtista Cuadrilla Pepa a Loba, xunto cos trofeos do torneo de fútbol de Peñas Celtistas e demais galardoados.