A Federación considera que o Concello está a chamar “mentireiros” aos afeccionados e peñistas que denunciaron unha caída de cascotes durante o partido do pasado domingo entre o Celta e o Betis. Así, esíxenlle aos responsables municipais que non os inclúan en “tramas políticas interesadas” e que poñan da súa parte para arranxar os problemas de seguridade que implica o mal estado da estrutura de varias gradas de Balaídos.
“As Peñas do RC Celta, así como a meirande parte dos seus seareiros, non somos entes políticos, nin temos afán de entrar en disputas de despachos e gobernos. Somos xente normal que aproveitamos o noso tempo de lecer para desfrutar da nosa paixón”, sinalan dende a Federación que agrupa as peñas celestes, que lamenta que se poña en dúbida “de forma clara” a intencionalidade dos afeccionados.
Por iso, rexeitan as argumentacións expostas polo Concello de Vigo despois da denuncia de varias peñas e peñistas de que durante o encontro do pasado domingo “caeron varios cascotes na grada de Marcador, que estiveron a piques de impactar nun seareiro e de provocar graves problemas de seguridade”.
“Non aceptamos vernos implicados en argumentacións e comunicados onde se insinúa que mentimos”, sinalan dende a Federación, que só lles pide aos responsables municipais poder vivir a súa paixón “ao máximo e coas máis altas garantías de seguridade”.
Así, a agrupación de peñistas solicita de novo ao Concello de Vigo, como responsable do estadio de Balaídos, que realice os traballos precisos para garantir a seguridade dos afeccionados das bancadas de Gol e de Marcador, sobre todo desta última, onde “se están a rexistrar os problemas estruturais más graves”. “A única forma de solucionar este asunto é xuntos, traballando por un mesmo fin e comunicándose entre todas as partes implicadas”, sinalan dende a Federación.
Nos non somos o xoguete de ninguen. Nos non mentimos. pic.twitter.com/5nGGapI6qi
— Peña Sempre Pahiño (@Semprepahino) 13 de marzo de 2019
Somos Celtistas, non permitimos que nos acusen de mentir pic.twitter.com/2Kmjrxsv8H
— Peña Afouteza (@Afouteza) 13 de marzo de 2019
O celtismo non minte, o alcalde non pode dicir o mesmo pic.twitter.com/UOAg1qyMXB
— Peña Zeru Urdin (@Zeru_Urdin) 13 de marzo de 2019
Basta xa !! pic.twitter.com/HAEDzn8x7L
— A mao negra (@penhamaonegra) 13 de marzo de 2019
O señor alcalde trátanos de mentirosos mentres xoga ca nosa integridade física… pic.twitter.com/n2K2DdO4zE
— Siareiros Dezaos (@SDezaos) 13 de marzo de 2019
Basta xa! pic.twitter.com/onjwqg2BI2
— Peña Iago Aspas (@Penha_Aspas10) 13 de marzo de 2019
Terra Celeste pide que no se vendan más entradas para la grada de marcador y se cambie inmediatamente a los abonados de esa grada para otras gradas.#NuestraSeguridadLoPrimero pic.twitter.com/RTwRbc7btZ
— Peña Terra Celeste (@TerraCeleste1) 13 de marzo de 2019