Despois da organización dun sorteo no que se involucrou a tódolos equipos do club e ás súas familias e de manter constantes reunións con empresas e entidades da cidade en búsqueda de grandes sponsors ou patrocinadores, o Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia fixo pública este martes unha campaña ‘crowdfunding’ na que pretende conseguir un último empurrón para conseguir tan desexado ascenso por un club con máis de 33 anos de historia e por unha cidade que reclama un equipo de baloncesto masculino nunha competición como é a Liga EBA.
Nesta nova campaña ‘crowdfunding’ que creou o Seis do Nadal, á cal se pode acceder a través da páxina web do club (www.seisdonadalcoia.com) e das diferentes redes sociais da entidade, se poderán facer aportacións económicas a cambio dunha serie de recompensas en forma de agradecemento pola colaboración.
O Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia precisa deste último apoio para poder ter na próxima tempada 2016/2017 ao seu equipo Sénior Masculino na Liga EBA, un feito que será histórico para a entidade e que axudará ao propio club a crecer en calidade, a darlle solidez á súa estrutura e a seguir mellorando o traballo nas súas categorías inferiores.