Trátase de Manu Ferreiro, xogador nado en Vigo no ano 1990 e que militará a próxima tempada 2016/2017 no Marín Peixegalego de LEB Oro despois do recente ascenso na última campaña na que se proclamou campión de copa e liga.
Manu Ferreiro comezou a xogar en categoría preminibásquet na tempada 1998/1999 e a súa formación como xogador estivo moi ligada á cidade de Vigo nos clubs Vigo Básquet, Cía de María, Seis do Nadal Coia e Salesianos.
Con 16 anos debutou na Liga LEB co Gestibérica Vigo, con 17 e 18 anos xogou na Liga EBA no Valladolid Club Baloncesto, con 19 anos competiu na LEB Plata co Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, e desde ese momento incorporouse ao Marín Peixegalego, onde xogou tres tempadas en Liga EBA e tres tempadas na LEB Plata.
Para o Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia é todo unha honra contar con Manu Ferreiro como padrino do 6º Torneo de Baloncesto 3×3, que aínda ten o prazo de inscrición aberto ata o próximo luns 15 de agosto do 2016.