Continuando así co obxectivo de renovar ao bloque da campaña pasada, o Club Baloncesto Seis do Nadal-Coia renova a Iago González, ala-pívot de 1,93 metros de altura. Iago comezou a súa formación como xogador de baloncesto na tempada 2004/2005 no Colexio Compañía de María na categoría minibásquet; militou no Colexio Maristas en categoría infantil, cadete e júnior de primeiro ano e na tempada 2011/2012 incorporouse ao CB Vigo, club no que xogou en categoría júnior de segundo ano e categoría sénior ata a tempada 2013/2014.
Na pasada tempada 2015/2016 Iago González chegaba ao equipo do Seis do Nadal de Primeira División e no seu primeiro curso na entidade conseguía o ascenso a Liga EBA. O club vigués asegura que ·é todo unha honra poder seguir sumando ao novo proxecto de Liga EBA aos xogadores que foron partícipes do ascenso e neste caso é todo un orgullo poder seguir contando na plantilla con Iago González».
Esta renovación súmase ás xa anunciadas de Cristian García, José Enrique Henríquez, Fernando Mouriño, Alexandre Pérez, Óscar García, David Fernández e ó fichaxe de Pablo González.