La Casa de los ingleses é unha banda pontevedresa de indie pop, en activo desde o ano 2010, e que en 2015 editaron o seu primeiro EP Punto de partida. A música de Anxo, Charly, Xavi e Carlos -compoñentes do grupo- componse tanto de cancións rítmicas e bailables como doutras con influencias de rock que, no seu día, popularizaron bandas como os granadinos 091. En 2013 gañaron o Liberty Music Play de Ponteareas, un concurso que premia aos novos talentos musicais.
OS CONCERTOS DA ANECOICA La casa de los ingleses Data: 1 de abril Hora: 11.00 h // 12.00 h (dous pases) Lugar: E.E de Telecomunicación. Universidade de Vigo. |