A Fundación Menela organiza o vindeiro 9 de abril ás 20:00 horas no Teatro AFundación de Vigo (Rúa Policarpo Sanz, XX) un concerto solidario coincidindo coa celebración de dous eventos importantes: o 40 aniversario da apertura do Centro de Educación Especial Menela e o Día Mundial da Concienciación sobre o autismo que se celebra todos os anos o 2 de abril.
No ano 1976 o Centro de Educación Especial Menela abriu as súas portas. Este centro foi o xerme do que despois nacería a Fundación Menela. O Centro pronto se converteu nun referente da atención a nenos e nenas autistas. Neste 40 anos de traxectoria o Centro de Educación Especial Menela ten atendido a máis de XXX nenos e nenas.
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 2 de abril, Día Mundial da Concienciación sobre o autismo, co fin de poñer de relevo a necesidade de mellorar a calidade de vida dos nenos e adultos autistas para que poidan ter unha vida plena e digna.
O concerto de voz e piano, organizado pola Fundación Menela, correrá a cargo do dúo formado pola soprano Pilar Moráguez e o pianista Arabel Moráguez que interpretarán grandes obras da música clásica latinoamericana e cubana (Gustavino, Villalobos, Ginastera, Grenet, etc..).
As entradas para o concerto terán un prezo de 6€ e poden mercarse en Ataquilla. A recadación do concerto destinarase ao financiamento de proxectos de apoio ás persoas con Trastorno autista.