O alcalde de Vigo, Abel Caballero, destacou este luns en rolda de prensa o éxito na reserva de entradas para os concertos de Castrelos no programa Vigo en Festas 2019. «A conclusión é que isto non pasara nunca, todos os concertos esgotaron reservas en unha ou dúas horas, significa a altísima calidade dos concertos que traemos, temos unhas festas e concertos excepcionais, dixen que íamos ter grandes concertos e estamos cumprindo», sinalou.
As reservas para Vetusta Mora, Xoel López e Furious Monkey House, que actuarán o 1 de agosto, tamén quedaron esgotadas este martes en apenas unha hora. Mañá mércores sairán á venta as reservas para o 8 de agosto, cando salte ao escenario David Bisbal. Os prezos serán de 6 euros anticipada e 8 euros en billeteira.
Ademais xa colgaron o cartel de «sold out» os concertos de MS Lauryn Hill (17 de xullo), Leiva (19 de xullo), Tom Jones (23 de xullo) e Roger Hogdson (29 de xullo), mentres que para o de Fangoria (24 de xullo) está todo practicamente vendido.
O rexedor lembrou que ademais están as actuacións infantís: Chumi Chuma (30 de xullo ás 19:30h), Queenmanía (3 de agosto, 20:00h), O Rei León (5 de agosto, 20h), Shrek, o musical (6 de agosto, 20h) e Superwings (7 de agosto, 20h).