Con estas actividades na rúa do Príncipe, ao carón do Marco, mediante pequenas actuacións de formacións propias de cada escola, o Concello de Vigo quere sacar á rúa, novamente, ás súas escolas municipais de música e artes escénicas, co obxectivo de que a cidade coñeza e disfrute co bo facer dos seus participantes, dándolle máis vida e cor ás súas rúas, nunhas datas sinaladas.
Deste xeito, dende o luns 14 de decembro e ata o venres 18, ofertarán o seguinte programa de actuacións na rúa, na contorna do MARCO (Museo de arte contemporánea de Vigo), na rúa do Príncipe da cidade:
ACTIVIDADES NA RÚA DO PRÍNCIPE – MARCO:
Data: luns 14/12/2015
Hora: 19,00h
«Coros da Escola municipal de música de Vigo (EMMV)»
Data: martes 15/12/2015
Hora: 19,00h
«Banda de gaitas e pandereiteiras da Escola municipal de música folk e tradicional (E-TRAD)»
Data: mércores 16/12/2015
Hora: 19:00h
«Banda infantil e Banda sinfónica da EMMV»
Data: xoves 17/12/2015
Hora: 19,00h
«Grupos de danza, canto e percusión da Escola municipal de danza (EMD)»
Data: venres 18/12/2015
Hora: 18,00h
«Combos de adultos da EMMV»
Data: venres 18/12/2015
Hora: 19:30h
«Performances da Escola municipal de teatro (EMT)»