O xoves 9 de xuño actuarán Xardín Desordenado e Os Merlos, que foron o segundo e o terceiro clasificado no concurso, respectivamente.
O venres, día 10, actuarán Son de fóra, gañadores do certame, e e Minima Son, que foron os cuartos clasificados.
O concurso “Musicando a Rosalía”, organizado por Xuventude do Concello de Vigo e Vigosónico, ten como obxectivo premiar a creación musical feita en lingua galega como homenaxe á nosa poetisa máis representativa, Rosalía de Castro.