• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    domingo, 29 de enero de 2023
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • A Orquesta Clásica de Vigo reta ó espectador coas súas ‘Escoitas’

    A temporada 2022-2023 terá como obxectivo por en valor as representacións en directo e dignifica ao teatro como punto de encontro
    Redacción por Redacción
    10 de Oct, 2022
    en Música
    0
    A Orquesta Clásica de Vigo reta ó espectador coas súas ‘Escoitas’

    Presentación de "Escoitas", a nova temporada da Orquesta Clásica de Vigo 2022-2023

    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    A Orquesta Clásica de Vigo presenta o programa de ‘Escoitas‘, título da nova temporada 2022-2023, que conta co apoio do Concello de Vigo, unha oda ao teatro que amosará aos espectadores o valor da representación en directo.

    Na presentación participaron o alcalde de Vigo, Abel Caballero; o director artístico da orquestra, Manuel Martínez Álvarez-Nava; e o director técnico e responsable de programación, Manuel Martínez Torres, quen explicou que «a través de cinco concertos, que ofrecerán distintas escoitas, mostraremos un punto de vista diverso e vivo deste paraugas complexo que é a música sinfónica. Nesta nova tempada queremos escoitar obras tan diversas en estilos como en procedencia e, sobre todo, poñer en valor a impronta da nosa orquestra sobre elas».

    O obxectivo da orquestra coa nova tempada é ofrecer cinco escoitas coas que reivindicar o teatro como punto de encontro necesario para que o público descubra a diferenza de escoitar unha interpretación en directo.

    Como en toda escoita, o espectador ten un papel fundamental para que a obra ocorra nun acto colectivo e determinado. E coas ‘Escoitas’, o público tamén fará unha viaxe por diferentes sonoridades. Desde ‘Elgar‘, un concerto do sinfonismo do cambio do XIX e XX, pasando polo ‘Concerto de Nadal‘ que busca elevar a música tradicional á categoría de vangarda, polo minimalismo de ‘Glass‘, a esencia galeguista dos anos 30 coa evocación do filme ‘Canto de emigración‘ de Pepe Coira e, finalmente, pola paixón e patetismo do concerto para piano de Chaikovski.

    A tempada abrirase o vindeiro 22 de outubro, ás 20:30 horas, no Teatro Afundación de Vigo co concerto ‘Elgar‘, no que a orquestra contará co solista granadino Guillermo Pastrana, que interpretará o ‘Concerto para violonchelo e orquestra‘, do compositor británico Edward Elgar. Trátase dunha obra complexa, visceral e única. «É un orgullo poder abrir un novo ciclo de concertos con Guillermo Pastrana e que, ademais, interprete unha das obras máis fermosas compostas para violonchelo», sinala Manuel Martínez Torres, director técnico da Clásica.

    O concerto para violonchelo e orquestra, composto en 1919 por Edward Elgar, é unha das pezas máis recoñecidas para este instrumento, sobre todo tralo paso na década dos anos 60 do século pasado polas mans de Jacqueline du Pré, artista que elevou esta obra á súa categoría actual. O programa do concerto completarase coa interpretación da ‘Suite xaponesa‘ de Gustav Holst, unha peza bastante inusual deste compositor, tamén británico. Así, as dúas obras conforman unha visión do mundo desde unha escoita británica.

    Para abrir o concerto, a Clásica estrea ‘Tempestas‘, peza composta polo galego Ismael Amoedo, primeiro premio no ano 2019 do certame CreaClásica, posto en marcha pola Orquesta Clásica de Vigo coa colaboración da Fundación SGAE para fomentar a creación contemporánea en Galicia e apoiar aos músicos emerxentes. Ao longo da temporada haberá outras dúas estreas absolutas: ‘Preludio da noite sulagada‘, de Carme Rodríguez (segundo premio), e ‘Preludio e Fuga’, de Manuel María Veiga Lombardía (terceiro premio).

    Tags: AfundaciónEscoitasmúsicaOrquesta Clásica de Vigoteatro

    RelacionadosArtículos

    A Orquestra Clásica de Vigo retoma a temporada con ‘Glass’
    Música

    A Orquestra Clásica de Vigo retoma a temporada con ‘Glass’

    11 de Ene, 2023
    O circo, a maxia e a danza do espectáculo familiar ‘Inventio’ chegarán a Vigo este Nadal
    Local

    O circo, a maxia e a danza do espectáculo familiar ‘Inventio’ chegarán a Vigo este Nadal

    13 de Dic, 2022
    Con el instrumento a cuestas
    Más Vigo

    Con el instrumento a cuestas

    09 de Dic, 2022
    La orquesta infantil Son das Flores de Vigo busca financiación para brindar “igualdad de oportunidades”
    Música

    La orquesta infantil Son das Flores de Vigo busca financiación para brindar “igualdad de oportunidades”

    08 de Dic, 2022
    Salen a la venta las entradas para el concierto de Navidad de la Clásica de Vigo
    Música

    Salen a la venta las entradas para el concierto de Navidad de la Clásica de Vigo

    29 de Nov, 2022
    The Hole X recalará en Vigo con seis funciones del nuevo espectáculo de la saga
    Espectáculos

    The Hole X recalará en Vigo con seis funciones del nuevo espectáculo de la saga

    28 de Nov, 2022

    Más Vistos

    Cierra la histórica Panadería Florida de Vigo, activa desde 1974: “Nos hemos visto ahogados”

    Cierra la histórica Panadería Florida de Vigo, activa desde 1974: “Nos hemos visto ahogados”

    por Raquel F. Novoa
    27 de Ene, 2023
    0

    Vigo embrujado

    ‘El Pilar’, una fantasía de los Alpes en el centro de Vigo

    por Eduardo Rolland
    21 de Ene, 2023
    0

    Abre en Vigo el ‘escape room’ al aire libre de Humor Amarillo, el más grande de Europa

    Abre en Vigo el ‘escape room’ al aire libre de Humor Amarillo, el más grande de Europa

    por Raquel F. Novoa
    25 de Ene, 2023
    0

    Caballero anuncia el regreso de los conciertos de Carnaval y avanza que hay “bastantes cerrados” para Castrelos

    Caballero anuncia el regreso de los conciertos de Carnaval y avanza que hay “bastantes cerrados” para Castrelos

    por Redacción
    27 de Ene, 2023
    0

    Abre en Vigo el ‘escape room’ al aire libre de Humor Amarillo, el más grande de Europa

    por Raquel F. Novoa
    25 de Ene, 2023
    0
    Abre en Vigo el ‘escape room’ al aire libre de Humor Amarillo, el más grande de Europa
    Local

    El próximo 4 de marzo Vigo acoge a una nueva propuesta de ocio única hasta la fecha: el 'escape room'

    Leer mas

    Doce rutas gratuitas (y sencillas) por Vigo y Cangas para recorrer con niños y mascotas

    por David Lorenzo
    27 de Ene, 2023
    0
    Doce rutas gratuitas (y sencillas) por Vigo y Cangas para recorrer con niños y mascotas
    Salud

    El programa Camiño a Camiño cerró su última entrega el pasado otoño, pero los amantes de las caminatas y el

    Leer mas

    Vigo “redescubrirá” la San Silvestre en Carnaval: la carrera se celebrará el 19 de febrero

    por David Lorenzo
    27 de Ene, 2023
    0
    Vigo “redescubrirá” la San Silvestre en Carnaval: la carrera se celebrará el 19 de febrero
    Atletismo

    Ya hay fecha para recuperar la carrera de San Silvestre en Vigo, que el pasado 31 de diciembre tuvo que

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR