• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    viernes, 12 de agosto de 2022
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • día do libro

    Día do Libro en Vigo con novos talentos da Escola de Letras

    A Deputación de Pontevedra, promotora da escola xunto coa Editorial Galaxia, presentou esta tarde o libro de relatos curtos e poemas que leva por título precisamente Tedes cinco minutos #1
    Redacción por Redacción
    23 de Abr, 2021
    en Libros
    0
    Día do Libro en Vigo con novos talentos da Escola de Letras
    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    “Tedes cinco minutos” é unha expresión habitual nos obradoiros da Escola de Letras, un tempo no que o alumnado debe pór negro sobre branco a súa creatividade e os coñecementos adquiridos nas clases impartidas por recoñecidas escritoras e escritores galegos. A Deputación de Pontevedra, promotora da Escola xunto coa Editorial Galaxia, presentou esta tarde o libro de relatos curtos e poemas que leva por título precisamente Tedes cinco minutos #1, unha publicación que recolle os primeiros froitos destes obradoiros cunha escolma de 37 relatos curtos e poemas creados de puño e letra por parte do alumnado. E fíxoo nun gran acto literario e musical celebrado na sede de Vigo para conmemorar por todo o alto o Día do Libro.

    Nove dos talentos xurdidos da Escola de Letras leron fragmentos das súas creacións compilados na obra nun evento que contou coa presenza de parte do alumnado e os docentes e incluíu a proxección de dous vídeos, un deles sobre a actividade nos obradoiros narrado pola escritora Rexina Vega e coa participación do profesorado; e outro con recomendacións literarias a cargo de catro mulleres xornalistas da provincia. Fernando Barroso e Margarida Mariño puxeron a nota musical ao acto coa interpretación en vivo de tres pezas á mandolina e o violonchelo.

    A sala Rosalía de Castro da sede foi decorada para a ocasión con libros e andeis. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, destacou que Tedes cinco minutos #1 “é un libro moi sorprendente, con relatos e poemas marabillosos que amosan o talento enorme destes escritores e escritoras chamados a facer grandes cousas”. A máxima responsable da institución lembrou que a Escola de Letras é unha iniciativa cultural pioneira en Galicia e salientou que este era, precisamente, un dos obxectivos centrais do proxecto: “Dar as ferramentas para que todo o mundo poida contar historias e que a Escola sexa o xerme de novos autores e autoras”. Subliñou que as creacións saídas da Escola de Letras “amosaron un nivelazo” e expresou a súa “enorme satisfacción por que saíra este libro nun ano tan difícil”. “Temos unha longa tradición editorial e debemos escribir, ler e manter vivas as nosas librarías”, engadiu durante o acto, no que tamén estaban presentes as deputadas de Cultura, Vicky Alonso, e Memoria Histórica, Patrimonio e Lingua, María Ortega.

    O director da Editorial Galaxia, docente e escritor Francisco Castro, agradeceu á Deputación o seu apoio decidido para pór en marcha a Escola de Letras, e particularmente á presidenta. “Se hoxe estamos aquí presentando Tedes cinco minutos #1 e porque Carmela Silva creu neste proxecto, que era moi complexo”, explicou, para agradecer a todas as autoras e autores a súa participación. “Regalástesnos o voso talento. Dentro de tres ou catro anos recapitularemos e veremos espléndidos escritores e escritoras que pasaron pola Escola de Letras. Que dure moito tempo!”.

    Relato curto e poesía

    A obra Tedes cinco minutos #1 recolle 29 relatos curtos e 8 poemas de diferentes temáticas creados por autoras e autores de distintas idades. Son 37 dos 90 alumnos e alumnas que pasaron xa pola Escola. Durante o acto leron fragmentos Macamen Alonso, Adrián Alfonso, Miriam Couceiro, Rita Garabatos, Alberto Granada, Noelia Toledano, Ana Vázquez, Ana Vigo e María José Villar, nove dos autores que participan nesta escolma. Todos e todas expresaron a súa emoción por estar a ler fragmentos da súa obra e agradeceron ter participado neste proxecto.

    No acto, emitido en streaming, proxectouse un vídeo con imaxes da actividade desenvolvida nos obradoiros no que tamén leron textos os e as docentes Francisco Castro, Diego Giráldez, Inma López Silva, Anna Figueiredo, Antonio García Teijeiro e Elvira Ribeiro. O vídeo está narrado por Rexina Vega, escritora feminista e Premio Xerais 2007 con Cardume, quen define a Escola de Letras como “un dos alicerces do compromiso da Deputación de Pontevedra coa cultura e coa lingua”. Inma López Silva le no vídeo un fragmento de As malas mulleres de Marilar Aleixandre; Antonio García Teijeiro fai o propio cun texto da súa obra Poemar o mar; Francisco Castro elixiu Chamádeme Simbad, da súa autoría; Anna Figueiredo le un fragmento do seu libro Os bicos feridos; Diego Giráldez decantouse por un relato de A secreta melancolía da garza; e Elvira Ribeiro escolleu Mar de Mazá, da súa creación e ilustrado por Begoña G. Arce.

    A segunda proxección está protagonizada polas xornalistas María Hermida, Belén López, Sandra Penelas e Ana Baena, que comparten fragmentos das súas lecturas preferidas, como Memorias dun neno Labrego, de Neira Vilas; Feliz Idade (Olga Novo), Si o vello Sinbad volvese ás illas (Álvaro Cunqueiro) e Cobiza (María Raimóndez). A Deputación difundiu o vídeo nas súas redes e interacionou tamén coas usuarias e usuarios para que recomendasen a súa vez obras literarias.

    A Escola de Letras

    A Escola de Letras é unha frutífera iniciativa cultural nacida o ano pasado na que participaron 90 persoas en seis obradoiros e 135 nas diferentes masterclass. As prazas esgotáronse en horas para practicamente todos os actos, os primeiros celebrados de maneira presencial nas sedes da Deputación de Pontevedra e Vigo e, desde a pandemia, en formato on line.

    A Escola afronta o 2021 con pulo renovado, seis novos cursos nos que as prazas tamén están esgotadas, e a incorporación ao profesorado de Anna Figueiredo e Elvira Ribeiro. Ao longo do ano presentaranse novas masterclass.

    Tags: Deputación de PontevedraDía do LibroEscola de Letras

    RelacionadosArtículos

    A Deputación reforzará a promoción turística no aeroporto de Vigo
    Local

    A Deputación reforzará a promoción turística no aeroporto de Vigo

    10 de Ago, 2022
    Arbo estrea a reforma do barrio da estación, promovida pola Deputación de Pontevedra
    Arbo

    Arbo estrea a reforma do barrio da estación, promovida pola Deputación de Pontevedra

    05 de Ago, 2022
    A Deputación aborda a primeira fase da transformación integral da estrada Mos-Puxeiros
    Mos

    A Deputación aborda a primeira fase da transformación integral da estrada Mos-Puxeiros

    02 de Ago, 2022
    A ocupación hoteleira na provincia acada o 78% de media en xullo e mellora os datos prepandemia
    Más Vigo

    A ocupación hoteleira na provincia acada o 78% de media en xullo e mellora os datos prepandemia

    29 de Jul, 2022
    O himno feminista ‘Respect’ pon o peche de ouro á gala da segunda edición de Descúbreas
    Música

    O himno feminista ‘Respect’ pon o peche de ouro á gala da segunda edición de Descúbreas

    21 de Jul, 2022
    A Deputación encherá o ‘Canteira Fest’, en Vilaboa, de actividades e actuacións de memoria histórica
    Espectáculos

    A Deputación encherá o ‘Canteira Fest’, en Vilaboa, de actividades e actuacións de memoria histórica

    19 de Jul, 2022

    Más Vistos

    La Pepita Burger Bar abre a pie de playa

    La Pepita Burger Bar abre a pie de playa

    por Redacción
    08 de Ago, 2022
    0

    Los tres detalles por los que el concierto de Sting en Vigo hizo historia

    Los tres detalles por los que el concierto de Sting en Vigo hizo historia

    por Raquel F. Novoa
    07 de Ago, 2022
    0

    La durísima confesión con la que Lola Índigo conmocionó a Vigo: «Pedid ayuda»

    La durísima confesión con la que Lola Índigo conmocionó a Vigo: «Pedid ayuda»

    por Raquel F. Novoa
    08 de Ago, 2022
    0

    Vigo ya tiene Praza Maior

    Vigo ya tiene Praza Maior

    por Julio Alonso
    09 de Ago, 2022
    0

    Vigueses en el infierno del Barbanza: «Pensábamos que lo perdíamos todo»

    por EFE
    09 de Ago, 2022
    0
    Noche sin tregua por los incendios en Barbanza y Canicouva; controlado en Arbo
    Local

    En el cámping Ría de Arousa, en Ribeira, reina la tranquilidad tras una noche de agosto que muchos recordarán como...

    Leer mas

    La durísima confesión con la que Lola Índigo conmocionó a Vigo: «Pedid ayuda»

    por Raquel F. Novoa
    08 de Ago, 2022
    0
    La durísima confesión con la que Lola Índigo conmocionó a Vigo: «Pedid ayuda»
    Música

    Lola Índigo confiesa en Castrelos un episodio íntimo de su vida dando una lección de vida a sus seguidores

    Leer mas

    Sting versus Nathy Peluso

    por Octavio Beares
    07 de Ago, 2022
    0
    Sting versus Nathy Peluso
    Música

    En el concierto de Sting en Castrelos la noche de ayer servidor asistió sin acreditación, mezclado en la abundante masa...

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    ¡Bienvenido/a!

    Inicia sesión con los siguientes datos

    Recuperar contraseña

    Recupera tu contraseña

    Introduce tu usuario y correo para resetear tu contraseña.

    Iniciar sesión
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado

    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.

    Non-necessary

    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.

    GUARDAR Y ACEPTAR