• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    miércoles, 18 de mayo de 2022
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • libros

    Editorial Elvira reeditará o cómic pioneiro «2 viaxes» de Patiño e Xaquín

    "Estamos ante unha obra de referencia para o cómic galego e creemos que é o momento perfecto para recuperala, xusto cando Patiño é homenaxeado como ilustrador do ano", sinalou Javier Romero, director de Elvira
    Redacción por Redacción
    28 de Ene, 2022
    en Libros
    0
    Editorial Elvira reeditará o cómic pioneiro «2 viaxes» de Patiño e Xaquín

    "2 viaxes".

    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    A banda deseñada galega terá en breve outro hito na súa historia. A Editorial Elvira será a encargada de reeditar un cómic pioneiro en Galicia, «Dúas viaxes», de Reimundo Patiño e Xaquín Marín. Este cómic, publicado en 1975, está considerado como a obra fundacional da actual banda deseñada galega.

    Javier Romero, director da viguesa Editorial Elvira, avanzou que a edición facsimilar estará na rúa o vindeiro mes de febreiro cunha primeira tirada de 600 exemplares. Ademais, xa é posible facer a reserva a través do correo editorialelvira@gmail.com ou no teléfono 886 16 49 17.

    «Estamos ante unha obra de referencia para o cómic galego e creemos que é o momento perfecto para recuperala, xusto cando Patiño é homenaxeado», sinalou Javier Romero. Reimundo Patiño foi nomeado o ilustrador do ano 2022 en Galicia, como un dos pais da banda deseñada en galego.

    Linguaxe artística

    Expresionista, informalista, suarrealista, á arte pictórica de Patiño pode describirse baixo varios adxectivos. Os seus cómics ou as ilustracións que fai para algunhas obras de importantes autores, como os seus amigos Xohán Casal ou Méndez Ferrín, tamén son boa mostra da súa linguaxe artística.

    Mostra na Biblioteca de Galicia

    Ademais, a Biblioteca de Galicia, en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), celebra o Día da Ilustración este 30 de xaneiro, data de nacemento de Castelao, coa mostra “Reimundo Patiño: o desacougo creador”. O nome deste ilustrador e pintor coruñés súmase así aos de Lino González Rubido, Álvaro Cebreiro, Camilo Díaz Baliño, Federico Ribas, Cándido Fernández Mazas e Lolita Díaz Baliño, figuras homenaxeadas nos anos anteriores.

    “Reimundo Patiño: o desacougo creador” é unha mostra bibliográfica na que se poderán contemplar, entre outras, precisamente a obra fundacional da actual banda deseñada galega, 2 viaxes, que Reimundo Patiño publicou xunto a Xaquín Marín en 1975, ou o seu libro póstumo de poemas, Brétemas neboentas, editado por Espiral Maior en 1992. 

    Catálogos sobre as súas exposicións, os seus limiares na revista Cadernos da Gadaña, as súas ilustracións en monografías e revistas, ou o seu cómic O home que falaba arameo son algunhas das outras obras que completan a exposición. Ademais, e grazas a colaboración do Museo Carlos Maside, expoñeranse as reproducións dixitais dalgunhas das doce serigrafías que compoñen o cómic mural que creou Reimundo Patiño, O home que falaba vegliota, e que pode definirse como unha das obras máis orixinais do recente arte contemporáneo galego.

    Tags: Editorial ElviraReimundo Patiño

    RelacionadosArtículos

    Dos editoriales viguesas reeditan ‘2 Viaxes’, el mítico cómic de Reimundo Patiño y Xaquín Marín
    Libros

    Dos editoriales viguesas reeditan ‘2 Viaxes’, el mítico cómic de Reimundo Patiño y Xaquín Marín

    10 de Mar, 2022
    “Contos da beiramar”, relatos do Vigo mariñeiro, acada a súa segunda edición
    Libros

    “Contos da beiramar”, relatos do Vigo mariñeiro, acada a súa segunda edición

    13 de Ene, 2022
    Vigo Histórico entrega sus premios con un homenaje a su escritora más veterana: «Yo, a mi edad, digo sí»
    Libros

    Vigo Histórico entrega sus premios con un homenaje a su escritora más veterana: «Yo, a mi edad, digo sí»

    17 de Nov, 2021
    Vigo Histórico hace justicia con «A Calesa», la joven violada y fondeada en la ría por falangistas
    Libros

    O Auditorio Municipal abre as súas portas para a gala dos premios do VIII Certame de Relatos Vigo Histórico

    16 de Nov, 2021
    O vigués Alberto Cunha presenta o seu libro-disco «Escolma Aberta»
    Música

    O vigués Alberto Cunha presenta o seu libro-disco «Escolma Aberta»

    09 de Nov, 2021
    Vigo Histórico hace justicia con «A Calesa», la joven violada y fondeada en la ría por falangistas
    Libros

    Vigo Histórico hace justicia con «A Calesa», la joven violada y fondeada en la ría por falangistas

    06 de Oct, 2021

    Más Vistos

    El nuevo hotel de Samil ya permite reservar sus habitaciones, de hasta 450 euros

    El nuevo hotel de Samil ya permite reservar sus habitaciones, de hasta 450 euros

    por David Lorenzo
    10 de May, 2022
    0

    La fuente más antigua de la ciudad de Vigo

    La fuente más antigua de la ciudad de Vigo

    por Julio Alonso
    14 de May, 2022
    0

    Fallece una niña en Vigo tras recibir un fuerte golpe en la cabeza

    Fallece una niña en Vigo tras recibir un fuerte golpe en la cabeza

    por Redacción
    16 de May, 2022
    0

    La espectacularidad de Vialia

    La espectacularidad de Vialia

    por Julio Alonso
    16 de May, 2022
    0

    Una gran tormenta cruza el área de Vigo descargando granizo y rayos

    por Redacción
    14 de May, 2022
    0
    Una gran tormenta cruza el área de Vigo descargando granizo y rayos
    Local

    La jornada de sol y bochorno, con temperaturas que rondaron los 30 grados, acabó con una gran tormenta en el...

    Leer mas

    Manos arriba en defensa del último tramo virgen de la costa de Vigo: «Salvemos Cabo Estai»

    por Redacción
    14 de May, 2022
    0
    Manos arriba en defensa del último tramo virgen de la costa de Vigo: «Salvemos Cabo Estai»
    Local

    Vestidos con monos blancos y con sus manos alzadas, vecinos de San Miguel de Oia y miembros de colectivos ecologistas...

    Leer mas

    Tal día como hoy…

    • 1890

      O movemento obreiro vigués acorda xornadas de traballo de oito horas

    • O movemento obreiro vigués acorda xornadas de traballo de oito horas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    ¡Bienvenido/a!

    Inicia sesión con los siguientes datos

    Recuperar contraseña

    Recupera tu contraseña

    Introduce tu usuario y correo para resetear tu contraseña.

    Iniciar sesión
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado

    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.

    Non-necessary

    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.

    GUARDAR Y ACEPTAR