• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    viernes, 20 de mayo de 2022
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • día do libro

    A Deputación celebra en Vigo o Día do Libro: “É un día que festexamos para compartir felicidade”

    Nace “Tes cinco minutos #2”, o segundo libro da Escola de Letras coa participación do profesorado e do alumnado e un audiovisual coa intervención de mulleres deportistas lendo fragmentos das súas obras favoritas
    Redacción por Redacción
    23 de Abr, 2022
    en Libros
    0
    A Deputación celebra en Vigo o Día do Libro: “É un día que festexamos para compartir felicidade”
    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    Como cada 23 de abril, a Deputación de Pontevedra celebrou hoxe o Día do Libro, “día que festexamos para compartir felicidade”, dixo a presidenta Carmela Silva, e fíxoo por todo o alto coa presentación de “Tes cinco minutos #2”, a escolma de textos que xurdiu no seo da segunda edición da Escola de Letras, iniciativa pioneira en Galicia e no Estado impulsada pola institución provincial e a Editorial Galaxia. A Deputación escolleu a Sala Rosalía da sede de Vigo para festexar esta data, lugar que xa no seu propio nome transmite cultura. A ela achegáronse a presidenta provincial, Carmela Silva, o director da Editorial Galaxia e da Escola de Letras, Francisco Castro, Inma López Silva, unha das docentes do curso, e escritoras como María Xosé Queizán , que recomendou ler o Quixote e definiu a lectura dun libro “como unha conversa, a relación mais intima que hai porque entre o libro e a persoa nunca se interpón ninguén, un acto moi erótico e moi feliz”. Tamén asistiron Judith Rodríguez, Paula Dapena e Elena Casal, tres das deportistas da provincia de recoñecido nivel que tamén quixeron facer a súa aportación a esta celebración lendo os seus libros favoritos. O acto estivo amenizado pola actuación da cantautora Leticia Rey.

    Carmela Silva celebrou os libros “porque eles permiten coñecer e vivir, con eles temos a capacidade de crear como persoas e debemos festexar que nestes tempos tan complexos poidamos acubillarnos nos libros que ofrecen esperanza para poder cambiar o mundo desde o espírito crítico. Permítennos soñar, pensar, descubrir, aceptar a diversidade que é a única verdade que existe”, engadiu. A presidenta provincial fixo referencia á invasión de Ucraína afirmando que “o mundo o cambian as ideas non o poder, o diñeiro ou as tolerías dos sátrapas nunha Europa que pensábamos que era da cultura o benestar e a paz”. Camela Silva, que citou a Borges ou a Nora Ephron, reivindicou “celebrar a escrita, celebremos a escrita en galego, porque temos acubillo nos pensamentos que saen dos libros. Por iso, militamos no optimismo, porque o optimismo é o cambia o mundo”.

    A presidenta celebrou tamén o nacemento de “Tes 5 minutos #2”, o libro coa escolma de textos das alumnas e alumnos da Escola de Letras, “que está a ser una marabilla de travesía”. “Este libro é unha mostra do talentazo que temos en Galicia no eido da escrita e reafirma a revolución cultural que estamos a vivir, sobre todo da man das mulleres”. Para Carmela Silva, a Escola é “o claro exemplo de que apostar pola cultura é por unha sociedade con pensamento crítico e reflexivo. Foi unha idea extraordinaria, un soño marabilloso que naceu para que as persoas puideran contar historias e foi que era verdade, que todas e todos temos unha historia que contar e que provoca unha enorme felicidade”. A presidenta, que anunciou novas iniciativas para visibilizar a Escola no Estado e en Europa, puxo en valor ás mestras e mestres , “todo un luxo”. E ao alumnado “que escribiu cousas sorprendentes, de enorme calidade, cheas de conceptos, de vida e de valores”.

    O Director da Escola e de Galaxia, Francisco Castro, falou do afianzamento da Escola, un proxecto “que podía parecer unha anécdota e que ao final se converteu nunha institución con moita forza”. Tamén se referiu á canteira de escritoras e escritores “e o talento enorme que demostran, persoas que queren escribir e que amosan neste libro que hai canteira para a literatura galega”. Castro, que agradeceu a obra de creadores e creadoras como María Xosé Queizán, rematou reivindicando “máis libros, máis cultura e menos bombas”.

    En representación do alumnado da Escola Xosé Lueiro, María Varela, Pitusa Piñeiro, Diana Fernández e Marga R. Marcuño compartiron co público fragmentos das súas creacións. A outra parte fundamental foi o seu profesorado, que tamén interveu nun vídeo no que Inma López Silva, Antonio García Teijeiro, Diego Giráldez, Ana R. Figueiredo e Elvira Ribeiro falaron sobre a súa experiencia, que cualificaron de agasallo, que lles permitiu coñecer de preto o talento e as ganas que teñen as persoas de escribir e de falar de literatura.

    Así, os libros foron os protagonistas dunha xornada na que, amais, sete mulleres referentes do mundo do deporte tamén quixeron aportar o seu gran de area lendo fragmentos dos seus libros favoritos a través dun audiovisual. Elas foron a esgrimista Judith Rodríguez, a futbolista Paula Dapena, a atleta Susana Rodríguez, a árbitra de fútbol Elena Casal, a adestradora de balonmán Irene Vilaboa, a presidenta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Charo Castro, e a piragüista Támara Echegoyen. Mediante esta peza o público puido escoitar versos de “Adiós al frío”, de Elvira Sastre, ou parte de “O Principiño”, de Antoine de Saint-Exupéry. A elas sumouse a presidenta provincial cun fragmento de “Chámame señora, pero trátame coma a un señor”, de Inma López Silva.

    Na Sala Rosalía, a literatura mesturouse coa música grazas á voz e á guitarra de Leticia Rey, cantautora de Vila de Cruces e inscrita no catálogo de Descúbreas. Deste xeito, puidéronse escoitar tres temas musicais: “Baleiro”, unha composición propia de Leticia Rey, “Setestrelo”, de Berrogüeto, e a canción popular “Alalá das Mariñas”.

    A programación da Deputación polo Día do Libro complétase coa exposición “Contos e países. Historias que viaxan”, comisariada por Silvia García, que se exhibe na Sala Rosalía de Castro ata o 15 de xuño. Ademais destas propostas, a institución provincial festexou este día no Centro Príncipe Felipe, que acolleu esta semana unha función de contacontos titulada “Libro Vivo” da man de Expresión Produccións, así como unha merenda á acudiron nenas e nenos de todos os centros, a cuxas bibliotecas a Deputación achegou lotes de libros propostos pola rapazada.

    Tags: Deputación de PontevedraLibros

    RelacionadosArtículos

    O Castelo de Sobroso reabre as visitas ao público tras a súa musealización
    Ponteareas

    O Castelo de Sobroso reabre as visitas ao público tras a súa musealización

    13 de May, 2022
    Rías Baixas Fest, siete festivales de música creados para “recuperar la sonrisa” tras la pandemia
    Música

    Rías Baixas Fest, siete festivales de música creados para “recuperar la sonrisa” tras la pandemia

    10 de May, 2022
    O programa Inspira Steam da Uvigo e a Deputación xa fomenta vocacións entre 1.553 alumnas
    Ciencia y Tecnología

    O programa Inspira Steam da Uvigo e a Deputación xa fomenta vocacións entre 1.553 alumnas

    09 de May, 2022
    Vigo recibe un Cristo de seis metros y seis toneladas para instalarlo en A Guía
    Local

    Vigo recibe un Cristo de seis metros y seis toneladas para instalarlo en A Guía

    05 de May, 2022
    20 novelas y cómics de aventuras publicados en abril que no te puedes perder
    Libros

    20 novelas y cómics de aventuras publicados en abril que no te puedes perder

    05 de May, 2022
    Deputación e Concello de Vigo enchen de cor o CEIP Balaídos coa nova cuberta do patio
    Local

    Deputación e Concello de Vigo enchen de cor o CEIP Balaídos coa nova cuberta do patio

    28 de Abr, 2022

    Más Vistos

    La fuente más antigua de la ciudad de Vigo

    La fuente más antigua de la ciudad de Vigo

    por Julio Alonso
    14 de May, 2022
    0

    Fallece una niña en Vigo tras recibir un fuerte golpe en la cabeza

    Fallece una niña en Vigo tras recibir un fuerte golpe en la cabeza

    por Redacción
    16 de May, 2022
    0

    La espectacularidad de Vialia

    La espectacularidad de Vialia

    por Julio Alonso
    16 de May, 2022
    0

    Desalojan de un autobús en Vigo a un pasajero “agresivo” y sin mascarilla

    Hallan el cadáver de un hombre en su vivienda de Vigo, tras la alerta de una vecina por un fuerte olor

    por Redacción
    17 de May, 2022
    0

    Circlassica, el espectáculo de Emilio Aragón, regresa a Vigo con ‘El sueño de Miliki’

    por Redacción
    19 de May, 2022
    0
    Circlassica, el espectáculo de Emilio Aragón, regresa a Vigo con ‘El sueño de Miliki’
    Espectáculos

    Después del éxito conseguido en Madrid con 200.000 espectadores, el espectáculo ‘El sueño de Miliki’ inicia su gira nacional, que...

    Leer mas

    La Policía Nacional inspecciona locales de Vigo por piratear partidos de fútbol

    por Redacción
    19 de May, 2022
    0
    La Policía Nacional inspecciona locales de Vigo por piratear partidos de fútbol
    Fútbol

    Agentes de la Policía Nacional ha inspeccionado 166 establecimientos de hostelería de España en un operativo policial contra la distribución ilícita...

    Leer mas

    A la venta las entradas para el concierto de Bryan Adams en Vigo: desde 45 hasta 250 euros

    por David Lorenzo
    19 de May, 2022
    0
    A  la venta las entradas para el concierto de Bryan Adams en Vigo: desde 45 hasta 250 euros
    Música

    Ya están a la venta las entradas para el concierto que Bryan Adams ofrecerá el próximo verano en Vigo. A...

    Leer mas

    Tal día como hoy…

    • 1879

      Vigo se pone en "rápida comunicación de dos fechas" con la capital de España

    • Vigo se pone en "rápida comunicación de dos fechas" con la capital de España
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    ¡Bienvenido/a!

    Inicia sesión con los siguientes datos

    Recuperar contraseña

    Recupera tu contraseña

    Introduce tu usuario y correo para resetear tu contraseña.

    Iniciar sesión
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado

    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.

    Non-necessary

    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.

    GUARDAR Y ACEPTAR