• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 1 de julio de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Gonzalo Navaza, profesor da UVigo, académico de número da RAG

    No pleno de hoxe acordouse ademais nomear académicos correspondentes ao crítico literario Ramón Nicolás Rodríguez (Vigo, 1966) e á xurista Celia Pereira Porto (Rotterdam, 1971)
    Redacción por Redacción
    23 de Oct, 2021
    en Cultura
    0
    Gonzalo Navaza, profesor da UVigo, académico de número da RAG

    Created with GIMP

    A Real Academia Galega elixiu a Gonzalo Navaza (Lalín, 1957) académico de número no pleno ordinario celebrado este sábado. O escritor, tradutor e destacado especialista en toponimia é profesor do departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Vigo e forma parte da RAG como membro correspondente vinculado ao Seminario de Onomástica dende o ano 2012. No pleno de hoxe acordouse ademais nomear académicos correspondentes ao crítico literario Ramón Nicolás Rodríguez (Vigo, 1966) e á xurista Celia Pereira Porto (Rotterdam, 1971).

    A traxectoria como investigador en onomástica de Gonzalo Navaza comezou nos anos 80, cando realizou a recollida de campo e a corrección da toponimia dos mapas do Instituto Xeográfico Nacional para as provincias de Pontevedra e Ourense. Entre outras obras, publicou Fitotoponimia galega (2006), un traballo monumental que recolle preto de 8.000 nomes de lugar que se corresponden con 150 especies botánicas distintas, e que foi galardoado co Premio de Investigación Losada Diéguez (2007); Toponimia de Catoira, Premio Lois Peña Novo (2008); ou Os nomes dos concellos da provincia da Coruña (RAG, 2021). O académico electo é ademais parte do proxecto Dicionario de apelidos galegos e escribiu numerosos artigos sobre os topónimos, os nomes persoais e os apelidos do país. É membro da Comisión de Toponimia de Galicia, foi socio fundador e presidente da Asociación Galega de Onomástica, e dende o ano 2012 forma parte como académico correspondente do Seminario de Onomástica, entre outros méritos.

    A tradución é outro campo da lingua que traballou con éxito. Verteu ao galego clásicos universais como A chamada da selva de Jack London (1982), Sherlock Holmes, detective de Arthur Conan Doyle (1986) e Robinson Crusoe de Daniel Defoe (1986). A súa versión galega doutro éxito de Conan Doyle, O can dos Baskerville, foi recoñecida co Premio Ramón Cabanillas de Tradución Literaria (1991), a d’A traxedia do home recibiu o Madách Award (2003) e a d’As flores do mal de Baudelaire o Premio de Tradución Literaria da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (2009).

    Gonzalo Navaza desenvolveu ademais un importante labor como director da área de dicionarios de Edicións Xerais de Galicia entre 1989 e 1997, é autor e coautor de numerosas obras didácticas sobre a lingua e a literatura galegas e foi membro do equipo redactor dos programas oficiais de Lingua e literatura galegas para bacharelato e formación profesional (1984) e do seminario permanente de Literatura galega de COU (1988-1995).

    Celia Pereira Porto e Ramón Nicolás, membros correspondentes

    O pleno da Real Academia Galega acordou tamén nomear membros correspondentes a xurista Celia Pereira Porto e o crítico literario Ramón Nicolás. Celia Pereira Porto é doutora en Dereito e desenvolve un labor destacado en distintos campos sempre dende o compromiso coa lingua e a cultura galegas. É autora da primeira tese de licenciatura en galego sobre o pensamento de Concepción Arenal, docente e investigadora sobre igualdade e xénero en Galicia, foi membro do gabinete de apoio á actualización normativa da Asesoría Xeral da Xunta de Galicia, forma parte da sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega, exerce como avogada laboralista dende hai máis de quince anos e participa na Irmandade Xurídica Galega.

    A nova académica correspondente publicou como ensaísta A aportación de Concepción Arenal no marco do Estado liberal español e A discriminación de xénero na negación colectiva: vellas inercias e novos retos para a igualdade; e levou ao galego O meu pecado mortal. O voto feminino e mais eu de Clara Campoamor, parte do seu empeño por traducir clásicos ao galego. É articulista en distintos medios e autora de crítica literaria en Praza Pública ou Criaturas, e mantén ademais un notable activismo asociativo: foi fundadora de organizacións como a Asociación Cívica Cultural Vía Vella de Ponte Canedo (Ourense) e na actualidade é presidenta da Fundación Vicente Risco, da que antes foi secretaria.

    O escritor, tradutor e crítico literario Ramón Nicolás é licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa (USC) e diplomado en Estudos Portugueses pola Universidade Nova de Lisboa, e exerce como profesor de Lingua e literatura galegas dende 1989, un labor que desenvolve na actualidade no IES Castelao (Vigo). Comezou a escribir crítica literaria no ano 1990, dende hai dúas décadas cultiva este xénero no suplemento “Fugas”de La Voz de Galicia e dende hai dez anos proxecta tamén na Rede a súa ollada no blog Caderno de Crítica, recoñecido con diferentes galardóns. O novo académico correspondente presidiu ademais a sección de crítica da AELG, forma parte da Asociación Galega da Crítica dende a súa fundación e tamén é membro da Asociación Española de Críticos Literarios.

    Como ensaísta publicou, como autor ou coautor, máis dunha ducia de títulos aos que hai que sumar outros tantos como editor literario e prologuista, entre eles varios títulos sobre Celso Emilio Ferreiro como Conversas con Celso Emilio Ferreiro (2009) ou Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro (2012), galardoado este último co Premio da AELG ao mellor ensaio e o Premio Antón Losada Diéguez de ensaio.

    O seu labor como tradutor tamén foi distinguido en diversas ocasións con premios como o Fervenzas Literarias á mellor tradución por Sete casas en Francia de Bernardo Atxaga (2009), o Lois Tobío por 30 gramos de Leonel Moura (2011) ou a entrada na Lista de Honra do IBBY en 2015 e 2016 coa tradución de Bisa Bea, Bisa Bel de Ana Maria Machado.

    43

    Tags: Gonzalo NavazaReal Academia Galega

    RelacionadosArtículos

    El Día das Letras Galegas de 2026 estará dedicado a Begoña Caamaño, periodista y escritora de Vigo
    Cultura

    El Día das Letras Galegas de 2026 estará dedicado a Begoña Caamaño, periodista y escritora de Vigo

    20 de Jun, 2025
    Medio millón de voces rescatan la memoria del paisaje gallego
    galicia

    Medio millón de voces rescatan la memoria del paisaje gallego

    05 de Abr, 2025
    Los alfombristas de Ponteareas reclaman un lugar en el diccionario
    Ponteareas

    Los alfombristas de Ponteareas reclaman un lugar en el diccionario

    01 de Mar, 2025
    El profesor de la UVigo Anxo Angueira ingresa en la Real Academia Galega
    Local

    El profesor de la UVigo Anxo Angueira ingresa en la Real Academia Galega

    27 de Abr, 2024
    A RAG elixe académico de número a Anxo Angueira e nomea membro de honra a Takekazu Asaka
    Libros

    A RAG elixe académico de número a Anxo Angueira e nomea membro de honra a Takekazu Asaka

    29 de Oct, 2023
    Gonzalo Navaza, filólogo de la UVigo y escritor, ingresa en la Real Academia Galega
    Cultura

    Gonzalo Navaza, filólogo de la UVigo y escritor, ingresa en la Real Academia Galega

    05 de Nov, 2022

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 3

    59

    44

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    La noria concluye su montaje horas antes de empezar las fiestas de Coia: este es el programa de verbenas

    «Caballero no quería fiestas en Vigo ni atracciones de feria porque no tiene medios para revisarlas»

    por Redacción
    24 de Jun, 2025
    0

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    Vecinos de Vigo vuelven a salir a la calle para exigir el «arreglo inmediato» de las instalaciones deportivas

    por Redacción
    28 de Jun, 2025
    0

    La noria concluye su montaje horas antes de empezar las fiestas de Coia: este es el programa de verbenas

    Caballero rectifica y trata ahora de salvar la fiesta de Coia

    por Redacción
    27 de Jun, 2025
    0

    Conciertos de Castrelos 2025: se buscan artistas con estos requisitos

    Arranca la venta de entradas para los conciertos de Castrelos: así queda el listado, los precios y lo que cuesta a Vigo

    por Redacción
    27 de Jun, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    45

    MÁS VIGO

    El Camino de Santiago a través de Vigo
    Más Vigo

    El Camino de Santiago a través de Vigo

    Resulta absurdo que la ciudad de Vigo siga siendo la única población donde no existe señalización oficial sobre el Camino...

    por Julio Alonso
    30 de Jun, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo
    Más Vigo

    Gómez Román, el gran arquitecto de Vigo

    Hijo del constructor vigués Benito Gómez González, desde niño mostró interés por el trabajo en piedra y la labor de...

    por Fernando Torres Carbajo
    14 de Nov, 2015

    LIBROS

    La novela ganadora del Premio Blanco Amor 2024 se presenta en Porriño
    Libros

    La novela ganadora del Premio Blanco Amor 2024 se presenta en Porriño

    La Villa del Louro se prepara para una cita literaria de excepción. Este jueves, 19 de junio, a las 20:00...

    por Redacción
    18 de Jun, 2025

    OPINIÓN

    2022, el año de la unión y movilización enfermera
    Opinión

    De nuestra extra, que no se coman ni un euro

     Por Asunción Maus, secretaria general de SATSE Galicia. Las enfermeras y fisioterapeutas que trabajamos en el Servizo Galego de Saúde...

    por Redacción
    28 de Jun, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR