• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    lunes, 27 de junio de 2022
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • exposición

    Vigo amosa a beleza e a historia do Camiño Portugués a través dos ollos de 42 fotógrafos de onte e hoxe

    A exposicion ‘O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra’, con e 120 fotografías do século XIX ao XXI, poderá visitarse no Museo do Mar de Galicia ata o vindeiro 4 de setembro dentro do programa de itinerancias
    Redacción por Redacción
    21 de May, 2022
    en Exposiciones
    0
    Vigo amosa a beleza e a historia do Camiño Portugués a través dos ollos de 42 fotógrafos de onte e hoxe
    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou este venres no Museo do Mar de Galicia O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra, unha exposición que se asoma, a través de 120 fotografías do século XIX ao XXI, ás realidades, paisaxes e patrimonio da Ruta Xacobea que une as cidades do Porto e Santiago de Compostela. O proxecto propón un diálogo entre a fotografía do pasado e a do presente, ao tempo que brinda a oportunidade de reflexionar sobre o que permanece inmutable e o que se transforma, construíndo unha memoria colectiva do Camiño.

    Na mostra poden verse fotografías históricas do barrio do Berbés, a rúa do Príncipe ou García Barbón, tiradas no primeiro terzo do século XX pola Casa Loty, Jaime Pacheco ou o fotógrafo alemán Otto Wunderlich, quen retratou como ninguén a vida, xentes e paisaxes da España dos anos 20. A eles súmanse olladas contemporáneas desde a bisbarra viguesa, como as que nos achegan Carla Andrade, Eva Díez, Roberto de la Torre, Keila Pousa, Verónica Vicente ou Blas González.

    Comisariada por Lucía Laín, a mostra chega á cidade de Vigo tras ser visitada por máis de 21.000 persoas na Cidade da Cultura de Galicia, onde pechou as súas portas o pasado mes de abril. Poderá verse no Museo do Mar, con entrada de balde, ata o 4 de setembro e a continuación viaxará á vila de Tui, outro dos lugares que protagonizan o propio percorrido en imaxes da exposición.

    A itinerancia de O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra ao Museo do Mar de Galicia enmárcase nos obxectivos do II Plan Estratéxico da Cidade da Cultura, que se propón levar a programación do Gaiás a centros culturais de toda a comunidade.

    O representante da consellería de Cultura destacou no acto de inauguración o xeito en que O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra “nos sorprende cunha mirada diferente, convidándonos a redescubrir unha ruta tan fotografada cos ollos de quen a mira por vez primeira”. Salientou tamén o traballo de selección realizado pola comisaria da mostra, “fiando un magnífico relato a través da ollada de grandes figuras da arte fotográfica das dúas beiras do Miño, e nun delicado equilibrio entre imaxes históricas e contemporáneas, e entre fotógrafos consagrados e emerxentes, de procedencias diversas, pero cun denominador común: ter transitado polos sendeiros desta ruta”. Así, a escolma inclúe obras do Premio Nacional de Fotografía Juan Manuel Castro Prieto, Artur Pastor, Nicolas Muller, Guedes, Carmenchu Alemán ou Emilio Biel, entre outros moitos.

    O acto de apertura contou ademais coa participación da comisaria da exposición, Lucía Laín; a directora-xerente da Cidade da Cultura de Galicia, Ana Isabel Vázquez e a directora do Museo do Mar, Marta Lucio.

    Destacados arquivos e coleccións

    O traballo de diferentes entidades, asociacións, colectivos e particulares implicados na recuperación do patrimonio fotográfico a unha e a outra beira da Raia foi tamén destacado por Anxo M. Lorenzo, que agradeceu “o seu inestimable labor de catalogación, documentación e conservación, e tamén o seu esforzo e compromiso na preservación da nosa memoria visual: é grazas a eles que hoxe podemos volver andar estes camiños”, remarcou.

    Neste sentido, a mostra inclúe fotografías pertencentes aos Arquivos Municipais do Porto e de Lisboa, ao Centro Portugués de Fotografía, ao Instituto do Patrimonio Cultural de España, á Colección Ana Muller do Archivo Regional de la Comunidad de Madrid, ao Arquivo Fotográfico Pacheco do Concello de Vigo, ao Arquivo José Suárez, ao Museo de Pontevedra ou o Arquivo Histórico Provincial de Lugo, entre outros.

    A comisaria: Lucía Laín

    Historiadora, comisaria, guionista e documentalista, a súa paixón pola historia da fotografía remóntase aos anos nos que traballou como coordinadora de desenvolvemento e contidos en longametraxes documentais. Deses anos son as súas primeiras incursións nos fondos fílmicos, fotográficos e hemerográficos. Na actualidade é unha experimentada documentalista que comisariou máis de 12 exposicións.

    Tags: Camiño PortuguésExposiciónfotografíaMuseo do Mar

    RelacionadosArtículos

    El Gobierno destina más de 600.000 euros a mejorar un tramo fronterizo en Tui
    Tui

    El Gobierno destina más de 600.000 euros a mejorar un tramo fronterizo en Tui

    23 de Jun, 2022
    La señalización del Camino Portugués suma cerca de 300 locales a su paso por Vigo
    Local

    La señalización del Camino Portugués suma cerca de 300 locales a su paso por Vigo

    20 de May, 2022
    Auxilian a un peregrino estadounidense que había accedido a la autovía A-55
    Porriño

    Auxilian a un peregrino estadounidense que había accedido a la autovía A-55

    19 de May, 2022
    Las fotos de Vigo de 1889 de un turista francés
    Más Vigo

    Las fotos de Vigo de 1889 de un turista francés

    23 de Abr, 2022
    Vigo y el Camino de la Costa ya tienen su gran albergue de peregrinos
    Local

    El albergue revitaliza el Casco Vello de Vigo en Semana Santa: 200 peregrinos de 17 países

    17 de Abr, 2022
    Fotografía surrealista: consejos para principiantes
    Ciencia y Tecnología

    Fotografía surrealista: consejos para principiantes

    06 de Abr, 2022

    Más Vistos

    Estos son los 22 lugares de Vigo que tendrán hogueras de San Juan autorizadas

    Estos son los 22 lugares de Vigo que tendrán hogueras de San Juan autorizadas

    por David Lorenzo
    21 de Jun, 2022
    0

    Las entradas para ver a Muse y C. Tangana en Vigo saldrán a la venta “en los próximos días”

    Las entradas para ver a Muse y C. Tangana en Vigo saldrán a la venta “en los próximos días”

    por Redacción
    22 de Jun, 2022
    0

    Fallece un hombre en Vigo tras caer al agua con un vehículo en Beiramar

    Fallece un hombre en Vigo tras caer al agua con un vehículo en Beiramar

    por Redacción
    20 de Jun, 2022
    0

    Susto en el Álvaro Cunqueiro al saltar la alarma de incendios: “Puede ser necesaria la evacuación”

    Sobre el servicio de oncología del Hospital Álvaro Cunqueiro

    por Cartas al Director
    24 de Jun, 2022
    0

    -

    El Celta paraliza la renovación de un abonado que presentó una queja ante el Valedor do Pobo

    por EFE
    25 de Jun, 2022
    0
    El Celta paraliza la renovación de un abonado que presentó una queja ante el Valedor do Pobo
    Celta

    El Celta ha paralizado la renovación del abono de Iván Pombo, con una discapacidad física por la que se desplaza...

    Leer mas

    Cortan unha árbore en Vigo para facilitar o paso dun camión ao Pavillón do Carme

    por Redacción
    25 de Jun, 2022
    0
    Cortan unha árbore en Vigo para facilitar o paso dun camión ao Pavillón do Carme
    Local

    O Bloque Nacionalista Galego vén de denunciar publicamente a talla dunha árbore na rúa do Carme por parte de operarios...

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    ¡Bienvenido/a!

    Inicia sesión con los siguientes datos

    Recuperar contraseña

    Recupera tu contraseña

    Introduce tu usuario y correo para resetear tu contraseña.

    Iniciar sesión
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado

    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.

    Non-necessary

    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.

    GUARDAR Y ACEPTAR