• VigoÉ
  • MAPA de Contagios y Restricciones Vigentes

    Consulta los mapas de contagios y restricciones covid en Galicia.
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    jueves, 4 de marzo de 2021
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Unha exposición descubre o lado artístico dos elementos xeométricos das beirarrúas de Vigo

    O profesor Ignacio Pérez-Jofre inaugura este venres na Fundación Laxeiro unha mostra individual que percorre o espazo urbano en busca de composicións
    Redacción por Redacción
    18 de Feb, 2021
    en Exposiciones
    0
    Unha exposición descubre o lado artístico dos elementos xeométricos das beirarrúas de Vigo

    Detalle de dúas das pinturas de Ignacio Pérez-Jofre.

    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    Percorrer o espazo urbano buscando composicións, estruturas xeométricas, pequenos recunchos pictóricos que pasan inadvertidos para o resto de viandantes. Con este obxectivo xurdiron as obras que compoñen ‘No chan’, exposición individual que Ignacio Pérez-Jofre, profesor do Departamento de Pintura da Universidade de Vigo, inaugura este venres na Fundación Laxeiro.

    A mostra, que poderá visitarse ata o 2 de maio en horario de tarde, conta cunha serie de pinturas de gran formato que documentan lugares determinados da cidade de Vigo mediante o procedemento do ‘frottage’, co que Jofre rexistra as tramas dos pavimentos. Incidindo na relevancia do espazo social, os pigmentos empregados para conseguir as manchas pictóricas son terras atopadas nos seus paseos, elementos tomados nos propios lugares de creación.

    As pezas desta exposición, que retoman procesos pictóricos baseados no gravado e na transferencia da imaxe, caracterízanse por ser froito da “fascinación pola cidade” de Ignacio Pérez-Jofre, así como do percorrido urbano como método, segundo afirman desde a Fundación Laxeiro. Na traxectoria artística de Jofre sobresaen series como ‘Árbol’ (2014) ou ‘Vida nocturna’ (2014), tamén orixinadas nos seus paseos polas rúas viguesas. A diferenza das anteriores, as obras de ‘No chan’ non consisten en intervencións murais nas paredes de Vigo, senón que son traballos realizados ou recollidos na rúa que se expoñen finalmente no museo. Iso si, como explica o artista, preséntanse “como foron realizados, en cru, sen adornos ou resaltes”, pois o contrario “faría perder a súa efectividade”.  

    Arredor das súas influencias, o artista menciona as “derivas situacionistas” como referente esencial en toda a súa creación, aínda que neste proxecto estes procedementos “inesperados” non interveñen explicitamente. Non se trata dun traballo producido no “deambular guiado pola intuición ou o desexo”, continúa, senón que os solos elixidos son aqueles polos que camiña habitualmente, no seu día a día. Neste senso, Jofre sinala como precedente a Dubuffet, “pola mirada atenta dirixida aos solos, superficies non consideradas, en xeral, dignas de contemplación”, pero tamén a creativas actuais como Karin Saner, Walead Beshtin o Eltono.

    Ignacio Pérez-Jofre séntese interesado, nesta ocasión, por poñer o foco “nun elemento pobre, sucio e inadvertido como o chan”. Trátase, segundo as súas palabras, do soporte do percorrido cotián dos transeúntes na rúa, pero tamén dun elemento “que reflicte diferentes momentos e estilos urbanísticos”. Pensa ademais que nas tramas xeométricas dos pavimentos “hai unha metáfora implícita”, xa que “teñen que ver coa organización e o sometemento á norma nas nosas sociedades”.

    Coa intención de rexistrar os pavimentos vigueses, Jofre traballou coa técnica do ‘frottage’ sobre papeis de 200 x 150 centímetros. Despois de escoller as baldosas sobre as que situou as follas de papel, o artista fretou a superficie coas solas das botas cargadas de barro, ata que o relevo da beirarrúa quedou marcado. Co propósito de acentuar o vínculo entre imaxe e lugar específico, a terra utilizada por Jofre como pigmento foi recollida en descampados ou xardineiras próximas ao espazo onde realizou as obras. 

    O proceso de creación das pinturas que compoñen ‘No chan’, definidas polo profesor da Facultade de Belas Artes como “transferencias directas” ou pegadas afastadas da mímese, ten tamén algo de representación, xa que implica o corpo, a pisada, o propio acto de camiñar e o efecto de quen “camiña por un camiño cheo de lama e quere limpar as súas solas”. De feito, o docente sinala que nesta serie “entra en xogo o táctil, non só o visual: a matriz, que é o pavimento, tradúcese á superficie do papel por presión, incidindo sobre ela polo seu relevo”.

    Poñer a mirada na terra
    Jofre subliña tamén o contraste que hai nestas pinturas entre as estruturas xeométricas das baldosas artificiais, deseñadas e construídas polo home, e o barro que as rexistra. “Aínda que todo vén da terra”, asegura, “a obra refírese á oposición entre o humano, a cultura ou a civilización, por un lado, e a natureza, o mundo no seu conxunto, por outro”. 

    De todo o proceso creativo, o artista subliña este uso da terra como pigmento, material co que pretende “que o espectador dirixa a súa atención á terra, con tódalas implicacións que isto ten”. Afirma que, aínda que xa realizou anteriormente varias series nas que empregaba este elemento, “no contexto actual de cambio climático e alteración do ecosistema, este tipo de proxectos adquire un significado especial”.

    Tras a entrada en vigor das novas medidas anunciadas pola Xunta de Galicia, que permitiron este mércores a reapertura de museos e salas expositivas, a Fundación Laxeiro abrirá este venres ao público ‘No chan’. Aínda que non haberá acto de inauguración polas restricións sanitarias, Ignacio Pérez-Jofre e Javier Pérez Buján, comisario da mostra, recibirán ás persoas asistentes, que deberán acceder á sala en grupos de catro.

    A exposición pode visitarse na Fundación ata o vindeiro 2 de maio en horario de 18.00 a 21.00 horas. Os profesionais do sector artístico poderán acceder á mostra tamén polas mañás, de 09.00 a 14 horas, pedindo cita no teléfono 986 438 475 ou no correo fundacion@laxeiro.org.

    Tags: ExposiciónFundación LaxeiroIgnacio Pérez-JofreUniversidade de Vigo

    RelacionadosArtículos

    A Agrupación Aeroespacial da UVigo participa nos plans da Axencia Europea para explorar covas na Lúa
    Ciencia y Tecnología

    A Agrupación Aeroespacial da UVigo participa nos plans da Axencia Europea para explorar covas na Lúa

    25 de Feb, 2021
    Vigo estrecha el cerco sobre los asintomáticos
    Covid-19

    Sanidade promueve cribados entre 11.000 estudiantes y 4.000 usuarios de centros de salud de Vigo

    25 de Feb, 2021
    O monopraza de UVigo Motorsport rodará este verán en circuítos de España, Alemaña e Países Baixos
    Motor

    O monopraza de UVigo Motorsport rodará este verán en circuítos de España, Alemaña e Países Baixos

    19 de Feb, 2021
    A Universidade de Vigo reparte 74.000 máscaras FFP2 e 6.000 de tea para PDI e PAS
    Covid-19

    A Universidade de Vigo reparte 74.000 máscaras FFP2 e 6.000 de tea para PDI e PAS

    09 de Feb, 2021
    Unha investigación do Chuvi demostra a eficacia da fisioterapia precoz fronte a incontinencia urinaria
    Salud

    Unha investigación do Chuvi demostra a eficacia da fisioterapia precoz fronte a incontinencia urinaria

    08 de Feb, 2021
    A UVigo oferta no segundo cuadrimestre 209 prazas de novo ingreso en 24 programas de doutoramento
    Local

    A UVigo oferta no segundo cuadrimestre 209 prazas de novo ingreso en 24 programas de doutoramento

    05 de Feb, 2021

    Más Vistos

    Vigo ya tiene su esquela más irreverente para la colección de despedidas «diferentes»

    Vigo ya tiene su esquela más irreverente para la colección de despedidas «diferentes»

    por Redacción
    27 de Feb, 2021
    0

    Las obras para unir el Centro Vialia con Vía Norte cortarán el tráfico en la zona durante un mes

    El Centro Vialia de Vigo anuncia la llegada de cuatro nuevas firmas

    por Redacción
    01 de Mar, 2021
    0

    Ramos se lleva los secretos de sus roscones a Teis

    Ramos se lleva los secretos de sus roscones a Teis

    por Julio Alonso
    28 de Feb, 2021
    0

    El área sanitaria de Vigo marca un récord de contagios nuevos tras superar las 2.100 PCRs

    La mejoría en el área de Vigo permite abrir Redondela, Moaña y Oia, pero sus malos datos cierran Mos, Mondariz y Pazos

    por Redacción
    02 de Mar, 2021
    0

    La receta de BonPollo

    https://www.youtube.com/watch?v=1dBLoFx3G44

    Combo al volante en Vigo: conductor positivo en tres drogas, coche sin ITV y trapicheando con un peatón sin mascarilla

    por Redacción
    03 de Mar, 2021
    0
    La Policía Local disuelve una fiesta en la habitación de una residencia de estudiantes de Vigo
    Sucesos

    Sería difícil encontrar algún caso en la hemeroteca con mayor número de infracciones que las localizadas el pasado viernes por...

    Leer mas

    Solo siete concellos del área de Vigo han tenido más de 10 contagios en la última semana

    por Redacción
    03 de Mar, 2021
    0
    Solo siete concellos del área de Vigo han tenido más de 10 contagios en la última semana
    Covid-19

    El retroceso de la tercera ola de la pandemia del coronavirus se encuentra más cerca de su capítulo final. Cada...

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    ¡Bienvenido/a!

    Inicia sesión con los siguientes datos

    Recuperar contraseña

    Create New Account!

    Fill the forms below to register

    All fields are required. Iniciar sesión

    Recupera tu contraseña

    Introduce tu usuario y correo para resetear tu contraseña.

    Iniciar sesión
    ¡NO sigas este enlace o serás bloqueado en este sitio!
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necesarias
    Siempre activado

    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.

    No necesarias

    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.