A Casa da Cultura acolle desde este xoves e durante un mes a exposición «Mapas e cartas de Vigo e de Galicia», organizada pola Fundación Penzol coa colaboración do Concello. A mostra reúne 33 obras de mapas e cartas de Vigo e de Galicia, representativas do seu fondo cartográfico histórico e que comprende unhas 80 pezas.
Durante a inauguración, o rexedor Abel Caballero referiuse aos mapas e cartas como unha mostra das capacidades de invasión e de defensa, de coñecer rutas vitais para o comercio, nos séculos XIII e XIX, engadiu, cando o mundo empeza a ser penetrable con naves descubridoras. O rexedor felicitou aos organizadores dunha exposición que permanecerá aberta ao público ata o 27 de novembro.
Na mostra inclúe mapas antigos e destacan dúas xoias. O mapa do Reyno de Galicia de Hernando de Ojea, do século XVII e primeira representación que se fai de Galicia de maneira independente, e a carta de Domingo Fontán, do sécula XIX. Tamén están presentes destacados cartógrafos como Tomás López e Vicente Tofiño, entre outros, e conta con mapas seguindo o modelo cartográfico de «Le Neptuno Francois» e levantamentos cartográficos das costas galegas, realizados a principios de século XX polo buque «Urania» da Comisión Hidrográfica con base en Vigo.
Na inauguración participaron, ademais do alcalde, o comisario e profesor da Universidade de Vigo, Gonzalo Méndez Martínez, o vicepresidente primeiro da Fundación Penzol, Antón Vidal e o reitor da Universidade, Salustiano Mato.