• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    miércoles, 29 de marzo de 2023
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • EXPOSICIÓN

    A Fundación Laxeiro presenta «En Tránsito», da viguesa María Galán

    Con esta exposición, a Fundación Laxeiro inicia a súa oferta expositiva de 2015 e retoma o apoio a artistas emerxentes
    Redacción por Redacción
    29 de Ene, 2015
    en Exposiciones
    0
    A Fundación Laxeiro presenta «En Tránsito», da viguesa María Galán
    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    María Galán concibe «En Tránsito» como un proxecto en progreso, inacabado, que se irá completando ao longo de viaxes futuras. Un proxecto que, como o título indica, está en pleno tránsito, igual que as paisaxes que capta nas súas obras. «En tránsito» recupera o valor do tempo de desprazamento entre o lugar de orixe e o lugar de destino, esa parte da viaxe que se foi perdendo cos avances técnicos que posibilitaron a aviación civil e o tren de alta velocidade, mediante os que ese tránsito se minimiza, non só temporalmente, senón tamén como experiencia.

    Podemos entender «En Tránsito» como unha reivindicación desa parte da viaxe, ese pracer do tempo de desprazamento que vai conformando a propia experiencia do viaxeiro e que, en moitos casos, vai cambiando o propio sentido da viaxe. Abundante é a literatura e o cinema de viaxes que tratan da experiencia do itinerario como metáfora dunha viaxe interior. As manifestacións plásticas desta tradición –sobre todo a partir do romanticismo- adoitan captar a anécdota, en forma de situacións e personaxes exóticos que ilustran as causas dese cambio interior.

    María Galán fai o contrario, pinta paisaxes sen figuras, sen personaxes e sen anécdotas, paisaxes baleiras e infinitas, cortadas pola liña do horizonte e acoutadas polos extremos do cadro que funciona como unha fiestra (a fiestra do vehículo). Paisaxes ermas, sen acubillo que a artista capta dende o movemento das súas viaxes en coche ou en tren, convertidas na fixación de lugares nos que nunca se deterá, lugares de paso que quedan gravados na súa memoria, inmortalizados pola cámara fotográfica para logo ser transferidos á linguaxe pictórica, nunha evocación melancólica que os sitúan máis no territorio da imaxinación que da realidade, malia que todas as imaxes están baseadas en paisaxes reais.

    «En Tránsito» convértese na metáfora dunha maneira de estar no mundo, na obxectivación do sentimento de soidade que define o estado anímico de María Galán, como expresión desa busca continua dunha forma de pintar, dun proceso de aprendizaxe e dunha viaxe interior que non é outra cousa que o proceso de evolución persoal da artista que, entre outras cousas, a leva a viaxar con frecuencia, como parte do seu desenvolvemento artístico e vital, nun tránsito continuo no que os lugares de partida e chegada parecen carecer de importancia. É deste xeito como o tránsito, o propio desprazamento é en realidade a finalidade mesma da viaxe.

    A montaxe

    O proxecto resólvese nunha montaxe na que é moi importante o concepto de secuencia. As obras preséntanse colgadas nas paredes da sala sen solución de continuidade, conformando frisos en cada pano expositivo, nos que se poden ver as distintas imaxes que conforman a exposición, a modo de viñetas ou ventás, conseguindo así unha correspondencia entre a forma de presentar as obras e a temática implícita nas mesmas, que non é outra que a paisaxe recreada dende un punto en movemento.

    Configúrase así un espazo homoxéneo, no que o ritmo de observación ven imposto pola disposición das obras en forma de secuencia, obviando outros recursos expositivos máis convencionais como a sucesión de obras e espazos baleiros, ou a concentración de obras en grupos, alternadas por espazos baleiros, propios da retórica expositiva de obra pictórica.

    A artista

    María Galán é unha novísima artista viguesa, licenciada en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid, sen apenas experiencia expositiva se exceptuamos a individual realizada en 2014 en Espazo en branco, de Santiago de Compostela, na que xa mostrou parte da obra que agora expón na Fundación Laxeiro, e a súa participación nalgunha exposición colectiva. As súas preocupacións inscríbense dentro da pintura figurativa e a tensión que esta xera entre realidade e ficción. A cuestión da mímese que implica todo exercicio de representación, sexa este plástico, cinematográfico ou literario, e o status de ficción resultante da representación, é a preocupación principal ao redor da que xira todo o seu traballo. Referencias literarias como el mapa y el territorio de Michel Houellebecq ou El hacedor, de Jorge Luis Borges, marcan o seu camiño a seguir na elección temática da súa obra.

    Programación 2015

    Con esta exposición, a Fundación Laxeiro inicia a súa oferta expositiva de 2015 e retoma o apoio a artistas emerxentes que durante anos foi un dos sinais de identidade da súa programación. Unha programación que se completará cunha exposición individual de Elena Fernández Prada, un dos referentes dun novo xeito de entender a figuración que, no seu caso, revisita temáticas e códigos da historia da arte. Elena Fernández Prada foi bolseira do MUSAC en 2006 e actualmente é artista da madrileña New Gallery, coa que en 2012 realizou a exposición individual titulada Viaje a Surinam que foi todo un acontecemento no panorama galerístico madrileño e en 2014 realizou a individual titulada Buscando la felicidad, no Centro de arte Tomás y Valiente, de Madrid e participou en exposicións colectivas como Lo real maravilloso, no Museum of Contemporary Art (MOT), de Tokio en Xapón ou Radiador, nova figuración en Galicia, na Fundación Laxeiro en 2012.

    A Fundación Laxeiro tamén programará o proxecto titulado The Flickering Darkness, do videoartista Juan delGado, unha videoinstalación que conta co apoio do British Council e que foi exposta en Bogotá. Juan delGado, é un artista valenciano que actualmente vive e traballa en Londres. O seu proxecto é unha reflexión sobre a problemática da xestión alimentaria na era da globalización. Mostrou o seu traballo en Bogotá, no festival This is not a gateway de Londres, e no Birkbeck Collage de Londres entre outros.

    Para completar a oferta expositiva, a Fundación Laxeiro levará a cabo a terceira achega do ciclo que, co título Os novos, cada ano revisa o traballo dun compañeiro de xeración de Laxeiro.

    Tags: En TránsitoFundaciónLaxeiroMaría Galán

    RelacionadosArtículos

    El MARCO despide el año Laxeiro con una exposición dedicada al pintor gallego y al arte de su tiempo
    Exposiciones

    El MARCO despide el año Laxeiro con una exposición dedicada al pintor gallego y al arte de su tiempo

    23 de Feb, 2023
    Homenaxe a Laxeiro de Pulido e Barreiro
    Más Vigo

    Homenaxe a Laxeiro de Pulido e Barreiro

    21 de Feb, 2023
    Barreiro y Pulido homenajean a Laxeiro en Vigo con un “poema” de “dibujos y pinturas”
    Exposiciones

    Barreiro y Pulido homenajean a Laxeiro en Vigo con un “poema” de “dibujos y pinturas”

    16 de Dic, 2022
    Vigo expone una muestra de 24 obras inéditas de Laxeiro
    Exposiciones

    Vigo expone una muestra de 24 obras inéditas de Laxeiro

    30 de Jun, 2022
    Recordando a Laxeiro
    Arte

    Recordando a Laxeiro

    11 de Dic, 2020
    La Fundación para la Creativación llega a Vigo
    Más Vigo

    La Fundación para la Creativación llega a Vigo

    31 de Ene, 2016

    Más Vistos

    El Centro Comercial Camelias sigue imparable en la inauguración de nuevos locales de comercio local

    Inauguración en Camelias con música, baile y muchas caras conocidas

    por Redacción
    26 de Mar, 2023
    0

    Esta fotografía corresponde a la ciudad de Vigo, pero no se trata de una zona rural, sino de una zona urbana rodeada de calles muy transitadas, una zona próxima a grandes plazas.

    En el medio de la ciudad de Vigo

    por Julio Alonso
    25 de Mar, 2023
    0

    Una nueva vida para la tienda de Adelina en Vigo: “Fue una corazonada”

    Una nueva vida para la tienda de Adelina en Vigo: “Fue una corazonada”

    por Vanesa Vázquez
    25 de Mar, 2023
    0

    Esta imagen resulta bastante habitual en la ciudad de Vigo. Los conductores se saltan las normas con enorme facilidad y no pasa absolutamente nada.

    En Vigo todo vale

    por Julio Alonso
    26 de Mar, 2023
    0

    Cinco planes de última hora para viajar desde Vigo en Semana Santa

    por Redacción
    28 de Mar, 2023
    0
    Lagoa das Sete Cidades, São Miguel, Azores.
    Viajes

    La Semana Santa ya está ahí y aunque lo de encontrar “chollos” de última hora está complicado, aún se puede

    Leer mas

    Una nueva vida para la tienda de Adelina en Vigo: “Fue una corazonada”

    por Vanesa Vázquez
    25 de Mar, 2023
    0
    Una nueva vida para la tienda de Adelina en Vigo: “Fue una corazonada”
    Local

    Hacía ya tiempo que Mayra buscaba una oportunidad para tener su propio negocio y la suerte quiso que su destino

    Leer mas

    Una fiesta con “dos mitades”: así será el tiempo en Vigo durante los días grandes de la Reconquista

    por David Lorenzo
    29 de Mar, 2023
    0
    Una fiesta con “dos mitades”: así será el tiempo en Vigo durante los días grandes de la Reconquista
    Local

    El pronóstico del tiempo para los días grandes de la Reconquista de Vigo lleva días titubeando. La previsión apuntaba inicialmente

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR