Dirixida por Jaime Pablo Díaz e Carmelo Segura, xunto coa colaboración do escenógrafo, Carlos Rodríguez, Son, conta coas voces do cantaor flamenco, Juan Debel e o tradicional galego, Javier Feijóo, alías, «Xisco»; poñendo voz á música orixinal do compositor galego, Sergio Moure Oteyza. A parte instrumental corre a cargo de Cordes del Món aos violíns; Alba Moura Etrad , cante e tarrañolas e Francisco Sieira González ao pandeiro.
Ademais, o espectáculo conta cun elenco de bailaríns entre os que atópanse catro de tradicional galego (Iván Villar Agulleiro, Francisco Sieira González, José Adrián Casal Sio e Ricardo Fernández Louro) catro bailaores de clásico (Rubén Puertas Martín, José Alarcón Cuevas, José Ángel Capet Ferrón e Alejandro Múñoz Múñoz) e un de contemporánea (David Vilariño). O nome da función agocha o auténtico significado da mesma, a loita do creador entre as diversas tradicións para construir unha voz propia, para atopar a súa propia corrente creativa e acadar esas obras que pertencen, que definen, que Son.
As entradas xa están dispoñibles a través das canles habituais de comercialización da entidade: mediante a web de Ataquilla.com ou no teléfono 902 504 500.