En marzo deste mesmo ano, 2016, estreábase en Londres, da man de Kuleshov Theatre, este espectáculo corrosivo co éxito da crítica e do público. O director Xoán Abreu decide traelo inmediatamente a Galicia. Traduce o texto e en agosto Avento Producións comeza a montaxe. O autor, Stuart Slade, está moi interesado na tradución ó galego da peza e é moi posible que acuda á estrea deste xoves.
Son tres actrices e tres actores con sólidas traxectorias as que dan vida a estes conmovedores e contraditorios personaxes. Machi Salgado, gañador do María Casares no 2015, Rocío Salgado, triunfando nos musicais galegos dende varias tempadas; Dunia Díaz, nova promesa da ESAD de Galicia; Fran Peleteiro, actor vigués coñecido por Invasor, A Praia dos Afogados, Novo Vigo Vello, Pazo de Familia, etc…; Fernanda Barrio, actriz e produtora da Sala Ártika; e Martín Máez, actor multidisciplinar que opta a un posto en Eurovisión 2017.