A proposta teatral está enmarcada na programación cultural do primeiro cuadrimestre de curso da UVigo. Trátase dun monólogo irreverente e delirante, da man do actor Joan Estrader. Durante oitenta minutos, Estrader emprega o surrealismo e o humor absurdo, xenial e simple nun espectáculo para todos os públicos, onde a interacción cos espectadores é total.
A trama xira en torno a un personaxe de pai turco e nai catalá que se busca a vida a través da maxia. As demostracións para explicar os seus trucos levan ao actor a situacións absurdas e cheas de humor.
Joan Estrader fundou Pez en Raya en 1997 xunto a Cristina Medina, popular actriz coñecida polo seu traballo na serie de Televisión La que se avecina. Desde o seu nacemento, a compañía conta con nove espectáculos de creación e produción propia levados a escenarios de todo o mundo.
Data: 11 de novembro Hora: 18.30 h // Entrada libre ata completar aforamento Lugar: Teatro Cidade Universitaria. Campus de Vigo. |