O obxectivo é reivindicar a igualdade de xénero e concienciar á poboación sobre o problema da violencia machista. A acción que se desenvolverá no Concello de Nigrán é unha actuación de danza a cargo do grupo Permodus coa peza “Nada mais alá”. A mesma acudirá a presidenta de Deputación, Carmela Silva, e o alcalde de Nigrán, Juan González.
A edición do programa para o ano 2017 recolle 25 accións de arte contemporánea nas súas diferentes modalidades (pintura, música, danza, teatro, poesía, graffiti ou performance) que se están desenvolvendo en concellos da provincia.