A obra presenta a difícil relación entre unha filla que ansía a liberdade e unha nai dominada polas crenzas relixiosas máis profundas. O duro enfrontamento entre unha xeración sumida na beatería máis contumaz e a seguinte, que ten a liberdade por bandeira, crea un forte conflito. Cando a relixión impera en todos os comportamentos humanos, resulta case imposible liberarse dese xugo. No tardofranquismo, seguramente o momento histórico en que dúas xeracións consecutivas estiveron máis distantes ideoloxicamente, catro mulleres loitan por establecer o seu lugar no mundo.