O evento, de carácter gratuíto, acollerá durante dúas xornadas distintas actividades, dirixidas especialmente á xuventude, coa música e as artes gráficas como vertentes principais. No apartado gráfico, salientan os obradoiros a cargo dos artistas Roberto Massó, María Ramos ou MeliMolita, mentres que no musical contará coa presenza de grupos como Emilio José, Selvática ou Linda Guilala.
Nesta nova edición haberá tamén propostas relacionada coa poesía ou o graffiti, así como unha mesa redonda co cómic contemporáneo como temática central. Ademais, como é habitual, contará cun mercadiño de autoedición no que ao redor de 40 proxectos colectivos e individuais amosarán e porán á venda as súas obras.