Linklater logra crear un clásico do xénero de romance que conecta co espectador grazas á naturalidade da posta en escena, textos e interpretación. ‘Antes do amencer’, que se proxecta de balde este mércores (20.00 horas) no Auditorio do Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia (rúa Oliva, 3), logra facer unha das parellas cinematográficas máis compactas.
Céline (Julie Delpy) é unha estudante francesa e Jesse (Ethan Hawke) é un estadounidense que viaxa por Europa tras romper coa súa moza. Os protagonistas coñécense nun tren que viaxa a París. Jesse ten que baixarse en Viena e convence a Céline para que quede con el mentres agarda polo seu voo de volta a casa. Durante toda unha noite falta de amor, vida e morte. A película conseguiu no ano da súa estrea o Oso de Prata do Festival de Berlín.
O ciclo de Cine e Lingua, conta co apoio do Centro de Linguas da Universidade de Vigo. O profesor do Centro, Keith Payne, será o encargado de presentar as películas e moderar o coloquio posterior.
O ciclo Let’s go to the Flicks XI conta coa colaboración do Centro de visitantes Cambón. Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Xunta de Galicia.