• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    miércoles, 29 de marzo de 2023
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • cine

    Tesouros do Cantábrico e vida oceánica para o 30 aniversario da Semana do Cine Submarino de Vigo

    O divulgador cántabro Enrique Talledo e o fotógrafo e cineasta portugués Luís Quinta atópanse entre os invitados ao ciclo que cumpre 30 edicións co compromiso de servir como foro de debate e divulgación na necesaria tarefa de preservar a vida mariña
    Redacción por Redacción
    15 de Nov, 2021
    en Cine
    0
    Tesouros do Cantábrico e vida oceánica para o 30 aniversario da Semana do Cine Submarino de Vigo

    A king crab. (National Geographic Society/Manu San Félix)

    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    A XXX Semana de Cine Submarino Universidade de Vigo, organizada pola Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria, volve atoparse co seu público durante os dias 17, 18 e 19 de novembro, tras suspenderse en 2020 polas restricións da pandemia. Con trinta edicións ás súas costas, o ciclo mantén a súa filosofía inicial cando se puxo en marcha en 1986 para converterse xa entón nun foro de divulgación e debate co fin de preservar a vida mariña. O público volverá a gozar das mellores producións internacionais e, nesta ocasión, os temas nos que afondará serán desde a vida oceánica ata o máis próximo como é a costa cantábrica. Posteriormente a cada proxección, celebrarase un debate posterior que contará cun invitado.

    O mércores, dia 17, a Semana arrancará con Pristine Seas: Protegiendo los mares, producida por National Geographic e asinada por un coñecido da Semana, o mergullador Enric Sala, con quen o espectador viaxará polos océanos na procura da salvar a vida que habita neles. Sala amosa nesta peza como eran os océanos hai centos de anos e por que temos que protexelos. Un traballo de dez anos no que Sala e o seu equipo viaxan aos lugares máis salvaxes e remotos do planeta, os últimos recunchos nos que os mares aínda non están enfermos pola polución ou a sobre-pesca. A segunda produción desta primeira xornada será Secretos del océano, do cántabro Enrique Talledo, traballo que foi recoñecido na categoría de Divulgación Científica nos premios Ciencia en Acción 2020 e Baradilla de prata ao mellor documental en Cimasub. Talledo, quen será o protagonista do debate desta xornada, afonda no mesmo obxectivo de Sala e logo de gravar nos cinco continentes, logra acceder coa cámara a comportamentos nunca vistos tanto en augas tropicais como en frías coa misión de preservar toda esa riqueza.

    O seguinte día, o xoves, 18 de novembro, o público poderá gozar con Peces increíbles, producida por National Geographic, unha peza na que o espectador terá a oportunidade de admirar especies pouco habituais como o tubícula chusco, un peixe totalmente desproporcionado, ou o peixe-ra que apenas pode nadar. A continuación, seguiralle a produción Mar da minha terra de Luis Quinta, proxección que contará co seu director como invitado desta segunda xornada. O camarógrafo luso logra neste traballo, que filma entre a Costa da Caparica e o Cabo Espichel, atoparse con viaxeiros oceánicos, moitos deles chegan nunha loita titánica pola súa supervivencia logo de escapar dos grandes depredores. Todo sucede no coñecido como o canón de Lisboa, un abismo que alcanza os 700 metros de profundidade, no que habitan peixes difíciles de atopar. Un documental que dá a coñecer un lugar moi próximo e, á vez, descoñecido.

    A terceira e derradeira xornada desta XXX Semana, o venres 19, comezará con Cantábrico Salvaje, de Enrique Telledo para seguir con Océanos profundos de National Geographic. No primeiro traballo, Talledo amosa a gran biodiversidade do Cantábrico, desde enormes cachalotes ata pequenos cabalos de mar ao longo da zona infralitoral de Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi.

    Pola súa banda, o audiovisual que pechará esta XXX Semana de Cine Submarino céntrase na Antártida, o lugar máis frío do planeta, e descubrirá como é a vida submarina neste lugar. O invitado deste día será Jesús Souza Troncoso, catedrático de Zooloxía e investigador do CIM (Centro de Investigación Mariña), da Universidade de Vigo que, ademais, buceou neste océano.

    A XXX Semana de Cine Submarino Universidade de Vigo terá lugar no Teatro Afundación de Vigo, entidade colaboradora do ciclo. A entrada será de balde ata completar aforamento e as sesións comezarán ás 20.00 horas e seguirase rigorosamente o protocolo sanitario vixente.

    PROGRAMACIÓN

    MÉRCORES, 17

    Proxeccións: Teatro Afundación (20.00 horas)

    Pristine Seas: Protegiendo los mares

    National Geographic.

    EUA. 42 min. Español.

    Produción executiva: Enric Sala.

    Imaxe: Neil Gelinas, Jon Betz, Steve Spence, Manu San Felix…

    Música: Soundminer. Audio Networks ltd. First com Music. The Wolfe Music

    A sea lion underwater. (National Geographic Society/Manu San Félix)

    Sinopse

    O espectador acompaña neste audiviosual a Enric Sala, explorador de National Geographic, no seu proxecto Pristine Seas, mentres viaxa polo mundo coa misión de salvar os nosos océanos. O gran mérito do traballo de Sala foi reoñecido no pasado mes de setembro como un dos finalistas da primeira edición do Earthshot Prize, o que seguramente será considerado como o premio medio ambiental máis importante do mundo. No pasado mes de xuño, o traballo xa recibirá a medalla Hubbard de National Geographic, a máxima distinción en exploración, investigación científica e descubrimento.

    Como parte do equipo español que compón Pristine Seas atópase o biólogo marino e explorador do National Geographic, Manu San Félix, como director de imaxe submarina do proxecto.

    Secretos del océano

    Cantabria. 28 min. Español

    Dirección: Enrique Talledo

    Edición: Candi Vicente

    Guión e imaxe: Enrique Talledo

    Música: Fluidscape (Kevin MacLeod), Parkside (Dan Lebowitz), A Fallen Cowboy (Sir Cubworth) e Happy Haunts (Aaron Kenny)

    Sinopse

    O documental inclúe imaxes dos cinco continentes, desde as augas tropicais ata as máis frías dos oceános, algunhas delas filmadas a centos de metros de profundidade.

    Co obxectivo de concienciar sobre a necesidade de protexer os mares do planeta, o audivisual recolle comportamentos documentados por primeira vez e escenas inéditas.
    Foi galardoado co primeiro premio de divulgación científica nos premios Ciencia en Acción 2020. Recibiu a Barandilla de Plata ao mellor documental no Ciclo Internacional de Cine Submarino (Cimasub).

    XOVES 18

    Proxeccións

    Peces increíbles

    National Geographic

    EUA, 34 min. Español

    Guión e dirección: Mea Trenor

    Imaxe: Greg Nelson, Russell Bergh, Graeme Duane…

    Música: Dave Birch

    Narrandera Fisheries Center, Narrandera, Australia: Agro, the 90cm Murray Cod on display at the John Lake Visitors Center. (Photo Credit: © NGT)

    Sinopse

    Con extraordinarias imaxes, a cinta mostra ao espectador os “bichos raros” do océano, peixes monstruosos que rompen todos os moldes. Así o espectador achegáse a especies como o tubícula chusco (Neoclinus blanchardi), un peixe totalmente desproporcionado; ou ao peixe ra, que perdeu case totalmente a capacidade de nadar. Ou a anguía lobo, unha especie que ten unhas mandíbulas e uns dentes terribles.

    Mar da minha terra

    Portugal, 46 min. Portugués

    Dirección: Luis Quinta

    Produción: Luis Quinta e Câmara Municipal de Almada

    Guión: Luis Quinta e Câmara Municipal de Almada

    Imaxe: Luis Quinta

    Montaxe: Ricardo Guerreiro e Luis Quinta

    Música: Audio Network

    Sinopse

    O documental achégase as augas ás portas de Lisboa, entre a Costa da Caparica (na desembocadura do río Texo) e o cabo Espichel, un litoral duns trinta quilómetros. Unha fronte atlántica chea de beleza, misterios e segredos por descubrir, desvelados por primeira vez nesta cinta.

    Todos os anos, á abundante fauna local sumánse viaxeiros oceánicos, uns e outros envoltos na loita pola supervivencia que se libra a diario entre depredadores e presas. Neste territorio, xigantes mariños como grandes baleas conviven con seres diminutos de micromundos do plancto.

    A dúas millas da costa hai un gran val submarino coñecido como o canón de Lisboa. Estes abismos, fronte ao cabo Espichel, alcanzan os 700 metros de profundidade. Por primeira vez filmáronse algúns dos animais máis extraordinarios e esquivos destes lugares, visitantes ocasionais ou veciños, nunca antes documentados nesta rexión.

    VENRES 19

    Proxeccións

    Cantábrico salvaje

    Cantabria, 25 min. Español

    Dirección: Enrique Talledo

    Guión e imaxe: Enrique Talledo

    Música: A dream, I’ll stay e Our future (Peder B.Helland)

    Co permiso do Ministerio de Transición Ecolóxica

    Sinopse

    O mar Cantábrico é un dos mares con maior biodiversidade de Europa. O documental, narrado en primeira persoa polo seu autor, Enrique Talledo, mostra con paixón as fascinantes experiencias vividas nel. Os auténticos protagonistas son criaturas que se adaptaron ás duras condicións deste bravo mar, dende enormes cachalotes ata os vulnerables cabalos de mar; desde pequenos charcos intermareais a augas da zona infralitoral de Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi. Algunhas das imaxes son primicia, ao ser a primeira vez que se captan a través dunha cámara nesta zona Atlántica.

    Océanos profundos

    National Geographic

    EUA, 45 min. Español

    Dirección: Masazumi Komoda e Masumi Mizunuma

    Imaxe: Hiroshi Tomita, Hirorumi Zusho, Junya Miyake, Munehiro Aoki…

    Música: Audio Network e Extreme Music

    ANTARCTICA – Every Summer, icebergs and incredibly fertile water drift away from the Antarctic continent. (Photo Credit: Moving Images Library/Jeanie Ackley)

    Sinopse

    A cinta achégase á Antártida, o lugar máis frío do planeta. Constitúe unha contorna demasiado dura para a supervivencia na terra para a maioría das formas vivas. Con todo, a vida submarina é totalmente diferente.

    BREVE CURRICULUM DOS INVITADOS

    Mércores, 17 de novembro

    Enrique Talledo

    Documentalista, cámara e fotógrafo submarino. Documentou os fondos mariños en máis de 30 países. Participou en 27 expedicións oceanográficas. Foi dúas veces campión de España de caza fotográfica a pulmón e subcampión do mundo por países así como finalista nos premios Wildlife Photographer of the year. É autor do libro Cantabria bajo el mar e de numerosas publicacións en National Geographic, The Guardian, Lonely Planet… Como divulgador, o obxectivo de Talledo é concienciar da necesidade de protexer os ecosistemas importantes para o futuro do planeta e as especies e actualmente é responsable de Secretos del océano, un proxecto educativo que pretende cerar unha corrente de concienciación entre os máis novos e a necesidade de protexer os mares.
    Enrique Talledo é ademais membro do Comité de selección da primeira convocatoria «Santander For The Seas» da Fundación Santander para elixir os proxectos de Conservación y Recuperación de Hábitats e especies mariñas en España 2021.
    Seleccionado como membro do xurado en Open Fotosub Isla de El Hierro 2012 y 2016, Festival de Cine Submarino San Sebastián 2015, Monphoto 2015, Campeonato de España de fotografía submarina 2012 e Campeonato de España de Vídeo submarino 2017, 2018 y 2019.

    Xoves, 18 de novembro

    Luís Quinta

    Luís Quinta é un colaborador habitual da revista National Geographic. O fotógrafo e cineasta de historia natural, gañador de múltiples premios, ten publicado máis de mil artigos e informes na prensa portuguesa e internacional. É autor tamén de varios libros e formador en fotografía de natureza e cinematrografía en contornas terrestres e subacuáticas.

    Desde 2011 produce e realiza documentais de historia natural. Nesta última década, conta con seis documentais para televisión sobre diferentes rexións de Portugal. Varias das súas películas teñen sido proxectadas nos canais de televisión de todo o mundo, a través da prestixiosa distribuidora internacional Off the Fence. Formou parte do Dream Team do maior proxecto fotográfico sobre a natureza en Europa: Wild Wonders of Europe financiado por National Geographic.

    En novembro de 2004 fue honrado polo Gobierno portugués pola súa labor na área da fotografía subacuática, sendo designado un dos «novos heroes do mar».

    Quinta tamén gañou varios premios de gran protagonismo en concursos de fotografía de natureza en Portugal e en todo o mundo. Moitas das súas imaxes e audiovisuaus foron empregadas por universidades e museos para diversas publicacións científicas e apoio pedagóxico. Ao longo dos seus 30 anos de carreira, realizou numerosas exposicións individuais de fotografía e colaborou ​​en moitas outras, en Portugal e en todo o mundo.

    O seu metraxe ten sido utilizado por canais de televisión como National Geographic Channel, Discovery Channel, ARTE TV France, SIC, RTP, entre outros.

    Venres, 19 de novembro

    Jesús Souza Troncoso

    Jesús Souza Troncoso é Catedrático da área de Zooloxía do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal e profesor de Zooloxía na Facultade de Ciencias do Mar. É tamén investigador do Centro de Investigación Mariña (CIM-UVigo) e membro do grupo de Ecología Costera Ecogost. Ocupou varios postos de xestión académica; foi o primeiro Director do Centro de Investigacións Mariñas CIM-UVigo e director da Estación de Ciencias Mariñas Ecimat.

    É autor ou co-autor de máis de 170 artigos científicos publicados, 15 capítulos sobre moluscos en enciclopedias e 8 libros.

    Participou en campañas oceanográficas e expedicións nas nosas costas e outras zonas do planeta como, Illas Fidji, Papua Nova Guinea, Brasil, Costa Rica, Hawái, etc.; destacando entre elas tres campañas a bordo do Hespérides nas Illas Shetland do Sur (nestas illas realizou catro inmersiones en augas antárticas), Estreito de Bransfield e Mar de Bellingshausen e dous campañas na Base Antártica Española Gabriel de Castilla, Illa Decepción. É membro do Comité Científico da Candidatura das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade da Unesco.

    Tags: Semana de Cine Submarino

    RelacionadosArtículos

    Héctor Salvador, primeiro español en baixar ata o Abismo da Serea, na Semana de Cine Submarino
    Cine

    Héctor Salvador, primeiro español en baixar ata o Abismo da Serea, na Semana de Cine Submarino

    10 de Nov, 2022
    A Semana de Cine Submarino achégase ao tiburón martelo, unha das especies máis ameazadas
    Cine

    A Semana de Cine Submarino achégase ao tiburón martelo, unha das especies máis ameazadas

    09 de Nov, 2022
    La Semana de Cine Submarino de Vigo comienza con reconocimiento a la Cofradía de Pescadores
    Cine

    La Semana de Cine Submarino de Vigo comienza con reconocimiento a la Cofradía de Pescadores

    08 de Nov, 2022
    La Semana de Cine Submarino de Vigo contará con el español que visitó uno de los lugares más profundos del mundo
    Cine

    La Semana de Cine Submarino de Vigo contará con el español que visitó uno de los lugares más profundos del mundo

    04 de Nov, 2022
    A Semana de Cine Submarino recupera as sesións matinais para escolares
    Cine

    A Semana de Cine Submarino recupera as sesións matinais para escolares

    13 de Oct, 2022
    Vigo recupera la Semana de Cine Submarino en su 30 aniversario
    Cine

    Vigo recupera la Semana de Cine Submarino en su 30 aniversario

    05 de Nov, 2021

    Más Vistos

    El Centro Comercial Camelias sigue imparable en la inauguración de nuevos locales de comercio local

    Inauguración en Camelias con música, baile y muchas caras conocidas

    por Redacción
    26 de Mar, 2023
    0

    Esta fotografía corresponde a la ciudad de Vigo, pero no se trata de una zona rural, sino de una zona urbana rodeada de calles muy transitadas, una zona próxima a grandes plazas.

    En el medio de la ciudad de Vigo

    por Julio Alonso
    25 de Mar, 2023
    0

    Una nueva vida para la tienda de Adelina en Vigo: “Fue una corazonada”

    Una nueva vida para la tienda de Adelina en Vigo: “Fue una corazonada”

    por Vanesa Vázquez
    25 de Mar, 2023
    0

    Esta imagen resulta bastante habitual en la ciudad de Vigo. Los conductores se saltan las normas con enorme facilidad y no pasa absolutamente nada.

    En Vigo todo vale

    por Julio Alonso
    26 de Mar, 2023
    0

    Cinco planes de última hora para viajar desde Vigo en Semana Santa

    por Redacción
    28 de Mar, 2023
    0
    Lagoa das Sete Cidades, São Miguel, Azores.
    Viajes

    La Semana Santa ya está ahí y aunque lo de encontrar “chollos” de última hora está complicado, aún se puede

    Leer mas

    Una nueva vida para la tienda de Adelina en Vigo: “Fue una corazonada”

    por Vanesa Vázquez
    25 de Mar, 2023
    0
    Una nueva vida para la tienda de Adelina en Vigo: “Fue una corazonada”
    Local

    Hacía ya tiempo que Mayra buscaba una oportunidad para tener su propio negocio y la suerte quiso que su destino

    Leer mas

    Una fiesta con “dos mitades”: así será el tiempo en Vigo durante los días grandes de la Reconquista

    por David Lorenzo
    29 de Mar, 2023
    0
    Una fiesta con “dos mitades”: así será el tiempo en Vigo durante los días grandes de la Reconquista
    Local

    El pronóstico del tiempo para los días grandes de la Reconquista de Vigo lleva días titubeando. La previsión apuntaba inicialmente

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR