Cun reparto cheo de caras coñecidas como Xosé Touriñán, Evaristo Calvo, María Tasende, David Amor ou Isabel Risco, entre outros, a serie amosa a vida dun cómico fóra dos escenarios.
‘Peter Brandon’ é o novo proxecto da firma galega Porco Bravú. Os gañadores do Mestre Mateo en 2015 e 2016 voltan cunha obra protagonizada polo cómico Pedro Brandariz na que satirizan o sector audiovisual galego a través duns personaxes inadaptados.
Trátase dunha comedia con tintes dramáticos con claras referencias nas series de Louis CK ou Ricky Gervais e cun ton pouco habitual no audiovisual galego forman a aposta de Porco Bravú pola innovación neste formato.
Jorge Boquete (director), Javi Lopa (productor), Óscar Cruz (guionista), Dani Graña (director de fotografía) e Diego Bouzón (xefe de sonido) forman o equipo técnico desta nova webserie, galardoada xa como Mellor Proxecto no Carballo Interplay 2016.
A entrada no evento do venres é libre ata completar aforo.